Estimadas familias:
Comunícolles que no día de hoxe saíu publicada no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/2022.
Non terán que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022.
Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021/2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (Exercicio fiscal ano 2019).
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
A forma de presentación da solicitude será unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado/a o/a alumno/a, do 15 ao 26 de novembro de 2021. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/2022.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I-Anexo II) unha copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Atentamente,
O EQUIPO DIRECTIVO
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude.pdf | 948.04 KB |
Orde do 28 de outubro de 2021.pdf | 747.25 KB |