CAMPAÑA COME LOCAL

Estimadas familias:

O servizo de comedor do noso centro, en colaboración coa Asociación Slow Food Compostela, leva participando desde as últimas semanas nunha campaña de promoción de produtos dentro das DOP (Denominación de Orixe Protexida), IXP (Indicación Xeográfica Protexida) e da Agricultura Ecolóxica de proximidade.

Esta campaña consiste en achegar ao comedor, de forma gratuíta, produtos galegos con certificado de calidade: DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade. Os usuarios e as usuarias do comedor poderán degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantizada, ademais de levar receitarios proporcionados por Ternera Gallega.

Tamén haberá diversos carteis informativos no comedor (VER ARQUIVOS ADXUNTOS)

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

AdxuntoTamaño
Campaña Come Local.jpg41.54 KB
Alimentos de Tempada[998].pdf204.25 KB
Tabla-frutas-temporada[996].png135.62 KB
Verduras de Tempada (Primavera)[997].png587.2 KB
Verduras de Tempada (Verán)[999].png481.98 KB

Powered by Drupal - Design by artinet