PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

No día de hoxe, saíu publicada no DOG a Orde do 06 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2021/2022.

Esta orde ten por obxecto regular:

a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria, cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2020/2021.

b) Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria e en educación especial, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.

c) Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde o día 21 de maio ata o 22 de xuño, ambos inclusive. O horario de atención ao público será de Luns a Venres, no mes de maio, de 10.00 a 10.50 horas, e no mes de xuño, de 9.30 a 10.20 horas. É de obrigado cumprimento o respecto ás medidas de prevención e hixiene (uso de mascarilla...). 

As solicitudes poderán presentarse por vía telemática empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

As persoas interesadas deberán achegar, debidamente cubertos, o Anexo I-II, máis a seguinte documentación:

  • Copia do libro de famlia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración Autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

A data máxima para a devolución de libros empregados neste curso 2020/2021 en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria será o 22 de xuño, inclusive.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

AdxuntoTamaño
Artigo 4 - Membros computables.pdf508.04 KB
Orde do 06 de maio.pdf1.2 MB
Anexo I-II.pdf1.09 MB

Powered by Drupal - Design by artinet