Rematamos o 2º trimestre con toda a comunidade educativa celebrando o 50 aniversario do San Salvador.
Para facelo bailamos, desfrutamos e pasamos un rato inesquecible todos xuntos. Ademais, estreamos a sección de podcast da nosa canle SanSalva Waves RTV cunha entrevista a Brais das Hortas, encargado de darnos este final de trimestre tan especial.
Queredes ver como o pasamos e a entrevista que realizaron os nen@s de 5º? Premede no vídeo!
O 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro e todo o alumnado do cole inventou un conto conxunto a partir da figura de Rosalía. AQUÍ O TEDES!
Os nosos máis cariñosos afectos a todos os gañadores dos relatos de Samaín, seguide así. E aos que non tiveron diploma seguide tentándoo, porque todos estaban moi ben. Foi un pracer lelos.