Guardar

CAMIÑANDO O NOSO BARRIO

PERCORRIDO QUE FIXERON OS ALUMNOS DA AULA DE RELIXIÓN DE 5º E 6º DE PRIMARIA PARA COÑECER UNHA PEQUENA PARTE DOS REFERENTES ETNOGRÁFICOS CON CARÁCTER RELIXIOSO DO NOSO BARRIO; PARTE DA NOSA HISTORIA E TRADICIÓNS.

 

ALMORZOS SAUDABLES NA IDADE ESCOLAR

Como xa sabedes estamos a participar na actividade de Educación para a Saúde, Almorzos Saudables na idade escolar, coa colaboración do Departamento Territorial de Sanidade. A finalidade é que o alumnado coñeza a importacia que ten para a saúde o almorzo como primeira comida do día e as variacións que se poden facer, e conseguindo unha alimentación variada, equilibrada e san.

O alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º xa participou na actividade os días 3, 4 e 5 de abril. Aquí os deixamos unhas fotos da actividade.

 

FROITA NA ESCOLA

"Aliméntate ben" quere fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas equilibradas e utilizando produtos de calidade que garantan unha alimentación e desenvolvemento axeitado.

Seguimos a participar no programa de FROITA NA ESCOLA, durante as dúas próximas semanas repartiremos froita na hora do recreo.

FRESA, MANZÁ, PLÁTANO, LARANXA, MELÓN, PERA,MANDARINA

FROITA NA ESCOLA

 

ANIMADE AOS VOSOS FILLOS E FILLAS A COMER A FROITA

GRACIAS

8 DE MARZO, AS MAMÁS PARTICIPAN NAS CLASES

DEIXAMOSVOS UN PEQUENO VÍDEO HOMENAXE AS MAMÁS QUE NOS VISITARON O DÍA 8 DE MARZO.

CONTÁRONNOS UN MONTÓN DE COUSAS DAS SÚAS PROFESIÓNS, DOS SEUS ESTUDIOS, E DAS SÚAS TAREFAS DIARIAS.

FOI MOI INTERESANTE.

MOITAS GRACIAS A TODAS.

UNHA VIAXE MOI ESPECIAL

O ALUMNADO DE 3-4 ANOS COMPARTIO UNHA VIAXE MOI ESPECIAL COS COMPAÑEIROS DE 4º DE PRIMARIA.

 

  OS NENOS DE 3-4 ANOS VISITARON A BIBLIOTECA JUAN COMPAÑEL E O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA VISITOU O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS ILLAS ATLÁNTICAS NO CASCO VELLO.

FOI UNHA XORNADA MOI ESPECIAL.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

HOXE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

DENDE O CENTRO QUEREMOS VISUALIZAR AS MULLERES DA NOSA CONTORNA.

HOXE AS MULLERES SON AS PROTAGONISTAS NAS NOSAS AULAS.

MOITAS GRACIAS A TODAS AS MAMÁS, AVOAS E TÍAS QUE PARTICIPARÁN NAS ACTIVIDADES.

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

'A nena e o grilo nun barquiño' é unha obra moi famosa de Magín Blanco que agora chega ao teatro, nunha adaptación que combina música e texto no escenario.

O alumnado de 6º de Infantil estivo no teatro a Fundación, mirade que ven o pasaron.

ENTROIDO 2018