Agra de San Marcos s/n. 15318 Abegondo - A Coruña. Teléfono: 881 880 201. Fax: 881 880 207. Correo electrónico: ceip.san.marcos@edu.xunta.es
DÍAS NON LECTIVOS
Estimadas familias
Lembramos á comunidade educativa que o vindeiro día 17 de Maio é día festivo na nosa comunidade autónoma e o día 18 é un dos días que o centro escolleu coma non lectivo e que autorizou a consellería.
Deste xeito reiniciamos as clases o mércores 19.
Un saúdo e feliz día das nosas letras.
Pago comedor
Estimadas familias.
Ante a imposibilidade de facervos chegar os impresos de pago de comedor aconsellámosvos que fagades o pago telemático, a través de Abalar, para o que estades todos habilitados.
Se por calquera cuestión non podedes facelo así mandade un correo ao centro e mandarémosvos á volta de correo un PDF para que poidades acudir ao voso banco habitual.
Moitas grazas.
Tarefas para a semana do 27 de abril
Saímos á rúa
Pois hoxe, primeiro día en que os nenos e nenas poden saír a pasear, recibimos esta foto ...
GRAZAS!!! Nós tamén vos botamos moito de menos, non vos facedes unha idea.
Grazas!!
Feliz día de San Marcos!!!!!!!!!!!!
Estimadas familias, queridos alumnos e alumnas... FELIZ DÍA DE SAN MARCOS!!!
Agardamos que todos sigades moi ben de saúde e que no día de hoxe vos acordedes moito de nós. Aproveitade a facer algo especial... que vos parece un postre , un debuxo para o cole, contar un conto??? O que queirades!! Estaremos encantados de que nolo contedes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- seguinte ›
- última »