Saltar navegación.

Complementarias

Coral "Chea de Vida"

     

 O día 11 de maio alumnos e alumnas do noso centro, xunto con outros moitos alumnos da comarca, e coa colaboracións dos mestres, do CFR de Ferrol e de Guadi Galego; xuntáronse nuha nave de Navantia para  formar un gran coro e cantar a canción "Chea de Vida"

  Video

 

ENTROIDO 2017

  A semana do 20 ao 24 de febreiro celebramos no colexio a Festa do Entroido. Pinchando no bando veredes os mandatos para toda a semana

  BANDO

  O día grande de festa será o 24 de febreiro. O tema deste curso para os disfraces é: os CONTOS INFANTIS

PREVENCIÓN DE INCENDIOS

O día 7 de febreiro, varios membros do Distrito Forestal I- Ferrol impartiron unha charla e outras actividades dirixidas aos alumnos do centro sobre a prevención de incendios.

 

O magosto e o San Martiño 2012

O 9 de novembro celebramos no colexio o S.Martiño e o Magosto cunha merenda a base de castañas e chourizos, á que invitou a ANPA do colexio a toda a comunidade educativa.

Ademais, durante a celebración, e debido a que estamos en tempo de S.Martiño celebramos o Día do Peón xogando con él.

No seguinte vídeo podedes ver algúns momentos dos nenos e nenas xogando, desde os nenos mais pequenos ata os maiores, ademais dalgúns pais que tamén participaron bailando o peón e mesmo ensinando aos rapaces a bailalo. Gracias especiais a eles pola sua participación e colaboración na actividade.

<<< VIDEO

____________________________________________________________________

Distribuir contido