Saltar navegación.

2008-2009

Complementarias

Excursión de Fin de Curso a Madrid

 

O venres,  día 29 de maio, ás 6:00 da mañá saímos do colexio cara a  Madrid. Estivemos un bo cacho viaxando no bus porque fomos facendo paradas  nas áreas de servizo. Nada máis pasar Galicia xa empezou a facer calor e un sol abrasador. As chairas de Castela son moi aburridas,  por iso Pepe decidiu contarnos  a historia dos reis e da cidade madrileña. Chegamos a Madrid ás 4:30 e  fomos directos ao Zoo-Aquarium da Casa de Campo. Alí estivemos toda a tarde e vimos moitos animais: elefantes, monos tigres, pumas, cabras, osos...etc, e tamén un espectáculo de golfiños que estivo chulísimo,  dábannos ganas de meternos na piscina con eles porque facía moita calor.

Despois de sair do Zoo fomos ao camping Alpha onde nos aloxamos, pero costounos chegar porque o conductor non sabía por onde ir. A comida de alí estaba moi rica e os camareiros eran moi atentos. Cando vimos os nosos bungalows, gustáronnos moito,  era como ter a túa propia casa:  tiñamos tele,  cociña,  neveira,... .  Alí  había sempre un garda  porque despois das 12:00 tiñamos que estar  dentro dos bungalows e non armar barullo.

O sábado, día 30, erguémonos as 7:00 am. e, despois de almorzar, fomos aos cines IMAX e vimos dúas peliculas en 3D, unha do mar e outra de momias de Exipto. Pasámolo  xenial porque puxemos unhas gafas e viamos  todo como se estivésemos dentro da película, podiamos tocar as cousas .. Ao rematar demos un paseo no autocar por Madrid : vimos a fonte da  Cibeles, a Porta de Alcalá e chegamos ao Parque do Retiro co seu lago. Comemos un bocadillo que estaba moi rico e sacamos  moitas fotos.

 

Despois de comer fomos dando un paseo ata o Museo de Cera, onde primeiro montamos no Tren do Terror que non deu nada de medo, había ratas xigantes,  marcianos, ... logo no Simulador que molou moitísimo,  parecia que caías!! e por último visitamos o Museo onde vimos moitas figuras de personaxes famosos: deportistas , cantantes, actores, escritores, Reis de España como Juan Carlos I, Mary Poppins , Elvis Presley, Indira Ghandi, os Simpsons e moitos máis e tamén  había algunhas figuras que daban iuiu. Voltamos outro cachiño ao Parque do Retiro e logo demos un paseo en bus para  ver os rañaceos da Castellana e o estadio   SANTIAGO BERNABEU.

O domingo, día 31,  erguémonos moi cedo e nada máis almorzar fomos á WARNER BROS PARK MADRID , ía unha calor abafante! . Cando entramos déronnos uns mapas para saber onde estabamos por si nos perdiamos. Logo fomos comer,  a maioria comemos pizza. Montamos en todo: Montaña rusa de madeira, "Río Bravo", "Batman a la fuga"(é unha montaña que nada máis comezar colle unha velocidade de 80km/h), "Stunt fall"( a máis forte da Warner), "Superman", "Lex Lutor", "La venganza del enigma" (unha torre de caida libre de 150m de altura)... Sacamos moitas fotos e despois, máis tarde, fomos ver un espectáculo de policías tolos  que tiveron que suspender  pola chuvia e quedámonos coa intriga do final. Pasámolo xenial!!!

Chegamos ao camping cansa-dísimos e durmimos ata o día seguinte  en que desaloxamos os bungalows,  almorzamos, visitamos o Palacio Real  e partimos de regreso cara  a Neda. O condutor era moi gracioso, poñíanos música, bailamos, cantamos e rímonos moito e os profes nos ían sacando fotos. Fixemos unha parada para comer, e dúas máis para que descansase o conductor e nós aproveitamos para comprar regalos porque en Madrid as cousas eran moi caras. Chegamos a Neda ás 23:45h. todos afónicos.  Pasámolo de marabilla nesta excursión, non voltaremos facer unha igual!!!

                                                                    

Borja, Cristina, David e Nerea 6º


 

Excursión a Sotavento e no Tren da Lingua

O luns, día 1 de xuño, os cursos de 1º e 2º fomos de excursión a Sotavento. Os monitores chamábanse David, Miguel e María. Eles nos explicaron todo sobre os muiños e a electricidade. Logo merendamos. Mais tarde e antes de vir para o colexio fixemos cometas.

Alí había un aparato que é un panel que colle luz do sol e a transforma en electricidade. Pola mañá non funcionaba e ao mediodía si porque lles daba a luz. Tamén vimos muiños pequenos que había polo mundo antigo e unha nave onde había moitas máquinas que están dentro dos aeroxeneradores. María ensinounos o que poden gastar as bombillas e aparatos eléctricos. Tamén mandou a Juan montar nunha bici para ver a energía eléctrica que producía. Despois fomos a comer e a xogar. Mais tarde fomos á tenda de recordos. Por último fomos ao aeroxenerador mais potente, alí había un mirador que tiña un resbalillo. Primeiro se lanzou Manuel e despois todos. Cando se entraba molaba moito, tiña botóns por todas partes. Despois, pola tarde, marchamos para o colexio.

Laura e Antón (2º)

Ao día seguinte fomos no tren da lingua rumbo a Betanzos. Tamén foi moi divertido, pasamos pola ponte de Pontedeume. Había moitos túneles e apagábase a luz. Cando chegamos a Betanzos déronnos de comer e despois xogamos un pouco. No tren había dous paiasos que se chamaban Lolo e Peter que fixeron moitas payasadas. Peter fixo unhos títeres que foron moi bonitos.

Diego e Irene (2º)


 

Visita á exposición "Fauna alada"

 

 

O pasado luns 11 de maio a Obra Social caixa Galicia inaugurou en Neda unha exposición baixo o título "Fauna alada"; en días consecutivos tódolos rapaces e rapazas de Primaria do colexio pasarán polo centro cívico de Neda para visita-las 30 fotografías e os paneis que compoñen a exposición. Os nenos de cuarto foron os primeiros en achegarse ata ela e alí coñeceron un pouquiño máis a fauna galega. Remataron a visita coa realización dun móvil a base de debuxos dalgúns dos animais incluídos na exposición.

Preme aquí e poderás ver e descargar as fichas didácticas da exposición

Podedes ver mais fotos da actividade na galería de imaxes ou premendo aquí


 

Saída ás fragas do Eume

 

O día 23 de Abril os rapaces e rapazas do primeiro ciclo visitaron o parque natural das fragas do Eume; alí, en compañía dun monitor coñeceron o centro de interpretación, fixeron unha pequena ruta pola beira do río Eume, viron os paneis interpretativos, cruzaron unha das pontes colgantes e descubriron as "curripas" que se empregaban para gara-las castañas dos soutos. A mañá rematou cunha boa merenda e un rato de xogo.

 

 

Saída a Aldeanova

 

O pasado día 3 de Abril, os alumnos de terceiro e cuarto se achegaron a Sedes (Narón) para visitar Aldeanova; alí pasaron a mañá facendo obradoiros e xogos. Construíron instrumentos musicais, fixeron xogos tradicionais, ...

Podedes ver mais fotos da actividade na galería de imaxes ou premendo aquí

 

   

EXCURSIÓN Á GRANXA-ESCOLA BELELLE

O día 27 de marzo os nenos e nenas de educación infantil visitamos a granxa-escola Belelle, como actividad complementaria programada para o 2º trimestre.

Alí pasámolo moi ben, fixemos pan, plantamos unha cabaza, coidamos dos animais, montamos en poni,...Todas as actividades dirixidas polos monitores da granxa-escola.

 Podedes ver mais fotos da actividade na galería de imaxes ou premendo aquí

 
 

 

 

SAÍDA Á FERVENZA CO PRIMEIRO CICLO

 

 O pasado día 11 de marzo, os nenos de primeiro e segundo, viaxaron ata O Roxal para coñece-la fervenza do Belelle. O día era perfecto!  Fumos camiñando dende O Roxal, vimo-lo pazo de Isabel II, os muíños da Barcia  e O Neno, e a Fervenza. Para ve-la fervenza subimos andando unha chea de curvas pero a vista era impresionante.

Podedes ver mais fotos da actividade na galería de imaxes ou premendo aquí

   

FOMOS AO TEATRO

"TITIRICIRCIUS"

O día 28 de novembro os alumnos/as de educación infantil fomos ao teatro a Narón. Contáronnos a historia de dous vellos traballadores do circo que lembraban, con marionetas, os éxitos acadados polos artistas nas pistas do seu grande circo de carpa alta e bicolor.

 Preparados para a saída

    

Alá imos!

 

 Que empece a función!