Saltar navegación.

Día da Paz

Con motivo do Día da Paz, os nenos e nenas do CEIP San Isidro tivemos unha xornada moi bonita. Bailamos, cantamos e gozamos deste día tan sinalado. Á nosa celebración acompañounos Carmen, psicóloga de ALMAT (Asociación de Loita contra os Malos Tratos), que nos adicou unhas palabras sobre o significado da Paz e explicounos o gran labor que fan na súa asociación.

Para colaborar con ALMAT, os nenos/as, mestres/as e familias fixemos unha donación para esta causa tan especial. 

Moitas grazas Carmen por amosarnos que todos/as xuntos/as podemos facer cousas grandes!

 

Unha visita moi especial.

O pasado mércores visitou o colexio o árbitro de primeira división de fútbol Ignacio Villanueva, que impartiu unha interesante charla ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria sobre a paz, a igualdade e o respecto. Tamén falou acerca da súa traxectoria persoal e profesional.

Finalmente, contestou a diversas e moi variadas e interesantes preguntas que os nenos e nenas lle fixeron. Foi un pracer que compartira con nós a xornada e todas as súas experiencias e anécdotas.

Moitas grazas Nacho!

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021

RESERVA PRAZA CURSO 2020/2021

Do 1 ao 15 de febreiro ábrese o prazo para a reserva de praza dos alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria que vaian cursar os seus estudos de ESO no centro adscrito ao noso, IES FERNANDO ESQUÍO.

Para facer a reserva deben cumplimentar o impreso (pódese descargar máis abaixo) e entregalo no noso centro antes do 15 de febreiro

A solicitude tamén a poden cumprimentar electrónicamente, a través da aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, no menú: Solicitudes-solicitudes de reserva-crear solicitude

Os alumnos e alumnas que vaian cursar a ESO noutro centro distinto deberán facer solicitude de admisión nese centro no prazo establecido para ese tramíte ( en marzo).

 

LEXISLACIÓN ADMISIÓN

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro

- Orde do 12 de marzo de 2013

- Corrección de erros da orde do 12 de marzo de 2013

- Orde do 25 de xaneiro de 2017

Arquivos: 

Plan Director

Un curso máis, dispoñemos no centro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos co compromiso de construir unha sociedade democrática, tolerante, solidaria...
Nesta semana, os nenos/as de 5° e 6° de educación primaria puideron gozar dunha charla informativa sobre os perigos e riscos cos que nos podemos atopar en internet e no uso das novas tecnoloxías.
A charla foi impartida por José Antonio experto no tema e que pertence ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
 

Concurso Pilabot

 

Estimadas familias:

Dende o centro estamos a participar nun concurso de recollida de pilas, que ten como finalidade fomentar a súa recollida nun punto limpo e informar e concienciar á sociedade sobre a necesidade de realizar este xesto tan importante para o medio ambiente.

É por iso que solicitamos a vosa colaboración e axuda. Os nenos/as levarán, ao longo destes días, un pequeno colector para que poidan ir enchendo e logo baleirar no colexio. Considéranse validas para este concurso: calquera pila, pilas de botón, acumulador ou batería de uso doméstico que estea precintada. 

A duración do concurso vai dende o día de hoxe ata o próximo día 11 de febreiro do 2019

Podedes consultar os premios aos que podemos optar na seguinte ligazón de pilabot

Recicla con enerxía! 

Eleccións ao Consello Escolar

O día 20 de novembro, en segunda reunión da xunta electoral, aprobáronse as candidaturas do sector pais/nais de alumnos do CEIP San Isidro de Neda. Os pais e nais que presentaron a súa candidatura para asumir a representación ao Consello Escolar foron os seguintes:

- Dª. Paula Romero Fernández. 

- Dª. Beatriz Rodríguez González. 

- D. Luís Moledo Pereiro. 

 

A continuación, expoñemos a relación de pais/nais designados mediante sorteo público que formarán parte da mesa electoral. Resultaron elixidos:

 

1. Vogais titulares para a mesa de pais e nais:

- Noelia Nieto López.

- Manuel Mosquera Estraviz.

- Inés Caballero Jareño.

- Ángel López Romero.

 

2. Vogais suplentes:

- Esther Carballeira Rego. 

- Juan Carlos Aguilar Freire.

- Fernando Saavedra Casas.

- Antonio Pena Martínez.

 

A formación da mesa electoral farase o vindeiro martes 27 de novembro ás 9:00 horas. 

Magosto- Samaín

 

Queridas familias:

Dende o CEIP San Isidro queremos agradecervos a vosa participación neste “terrorífico día” e que puidésedes celebralo con todos/as nós.

Do mesmo xeito, agradecer a todos os mestres/as e á ANPA polo gran traballo realizado e, por suposto, aos nenos/as pola súa implicación.

Esperamos que o pasásedes de medo!

A Directora

Sorteo público para designación de membros da xunta electoral

O vindeiro martes 30 de outubro, ás 17:00 horas, celebrarase na biblioteca do centro o sorteo público para a designación dos integrantes da xunta electoral, que será a encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección dos membros do consello escolar do colexio.

As eleccións celebraranse a finais do mes de novembro. Aqueles membos da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura voluntaria para formar parte do novo consello escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamamente se farán públicas pola xunta electoral do centro.

Arquivos: 

Reunións de principio de curso

O vindeiro martes, 2 de outubro, celebraremos as reunións de principio de curso entre os titores/as e as familias do alumnado.

Nestas reunións trataranse temas relativos ao presente ano académico. Atendendo á importancia dos asuntos a tratar, recomendámoslles que asistan ás mesmas.

 

Curso

Lugar

Hora

1º e 2º de E.P.

Aulas de cada grupo

16:00

3º e 4º de E.P.

Aulas de cada grupo

16:30

5º e 6º de E.P.

Aulas de cada grupo

17:00

Horario do equipo directivo

 Horario do equipo directivo:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

8:50 - 9:40

Directora

Xefa de estudos

 

Xefa de estudos

Directora

Secretario

9:40 - 10:30

 

Directora

Secretario

 

 

Xefa de estudos

10:30 - 11:15

 Secretario

 

Secretario

Directora

Directora

11:15 - 11:40

 R E C R E O

11:40 - 12:10

 H O R A      D E      L E R

12:10 - 12:55

 Directora

 

Directora

Directora

Directora

12:55 - 13:45

 

 Xefa de estudos

 

 

 

 

 

Distribuir contido