Skip to Content

Radio patio

Grazas ... !!!

(Fotografía de @PepeNocelojar)

Desfile Infantil do Entroido 2023

O vindeiro venres 17 de febreiro todo o alumnado que así o desexe, participará no desfile de Entroido acompañado polo profesorado do centro.

Mandas do Meco: Martes, 14 de febreiro

TODAS AS MANDAS SON ACUMULATIVAS

Mandas do Meco: Luns, 13 de febreiro

As mandas publicaranse o día anterior. TODAS AS MANDAS SON ACUMULATIVAS

Boas Festas e Feliz 2023!

Parabéns para Tatiana e as súas mestras!!

Un ano máis o noso alumnado e profesorado da Aula Especifíca participaron no "V Concurso de Dibujo y Redacción Jóvenes y Mayores" organizado por "La Región"... e un ano máis foron premiadas! Desta volta foi a quenda de Tatiana, que gañou o primeiro premio dentro da categoría de Educación Especial cun traballo de debuxo onde aparecen ela e a súa avoa Lola indo a mercar as cousas que precisaban para cociñar xuntas. Formidable traballo de Elena, Estefanía, Tatiana, Xavi e as súas familias!

Xa está instalado o noso pobo do Nadal!

O noso pobo do Nadal xa está instalado no patio das bolboretas! Todas as familias poden visitalo de luns a xoves de 15.15 ás 16.00. O acceso farase pola cancela automática e haberá carteis para indicar onde está situado.

Moitas grazas a todas as familias que participaron nesta actividade e ao Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do centro por idear, coordinar e facer realidade esta "vila tan chula"!

E... Que podemos facer na casa? IV

Chega puntual a profe Alicia e Augamar Xestión coa súa proposta de actividades para este finde. Propostas imaxinativas para encher ratos de lecer!

 

E... Que podemos facer na casa? III

Din que non hai dous sen tres!! Volve da man da teacher Alicia e AugaMar Xestión as manualidades, bailes, actividades, .... que podemos facer con todo ese material que temos por casa... Aproveitade o fin de semana para facer algunha delas!

E... Que podemos facer na casa? II

Volve a teacher Alicia a amosarnos unha manchea de actividades, bailes, ... e como novidade, ... desta vez, unha serie de experimentos científicos para levar a cabo, sempre baixo a supervisión dunha persoa adulta. Non queda máis que botarlle un ollo e  ... Mans á obra!

Distribuir contido


by Dr. Radut