Skip to Content

Educación Infantil

AULAS DE 3 ANOS A E B - 11/02 Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Con motivo da celebración deste día no mes de febreiro publicamos este vídeo, amosando un dos experimentos que estamos desenvolvendo durante este curso para acercar ao noso alumnado á ciencia a través da exploración e a manipulación de diferentes materiais. Neste caso, mesturamos fariña de millo con auga para crear un fluído non newtoniano, cunhas propiedades que sorprenden a quen o toca. Animádevos a probar na casa!

 

COMER SAN PODE SER MOI DIVERTIDO

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil demostraron coas súas saídas que comer san non é para nada aburrido. Seguindo co seu calendario de merendas e máis o proxecto de Nutriescola do que son partícipes, saíron en dúas ocasións a mercar froita. A primeira das saídas foi  á Praza de Abastos, onde mercaron diferentes tipos de froitas para levar a cabo unha degustación de froitos do outono.

VÍDEO RECORDO DA GRADUACIÓN 2023

"A educación no cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo " (Paulo Freire). 

Foi un día para o recordo, que deixa fonda pegada nos sentimentos dos nenos e nenas, das súas familias e das mestras que os acompañamos durante este curso. 

VEXO VEO, XACOBEO

Estamos encantadas de anunciar que as nenas e nenos de cinco anos imos participar no programa VEXO VEO, XACOBEO, (dentro do Plan Proxecta +).

Andamos a aprender moitas cousas sobre o Camiño de Santiago e a próxima semana recorreremos unha etapa!

Se pinchades na imaxe podedes acceder a máis información e descargar un xogo para o móvil, ordenador ou tablet.

MOMENTOS DOCES

Agora que todas e todos tendes os traballiños dos vosos fillos e fillas na casa, gustarianos mostrarvos como levamos a cabo a elaboración desta orixinal portada. Con ela compartimos momentos inesquecibles e moi divertidos. E, como peche de trimestre, nada mellor que unha BUSCA DE OVOS DE CHOCOLATE... Onde se agocharían?

Primeira sesión do "Coro das Emocións"

VISITA DA ASOCIACIÓN DA PANTALLA

HOXE RECIBIMOS UNHA VISITA ESPECIAL

PINCHA NA FOTO PARA SABER MÁIS

H

SAÍDA Á CASA DA LAGOA, EN SANDIÁS

Onte desfrutamos moito da visita á Casa da Lagoa, onde aprendemos moito sobre a Lagoa de Antela.

 

EDUCACIÓN INFANTIL - BO NADAL!!

 Educación Infantil do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo deséxavos Boas Festas.

OUTONO 2022 AULAS 3 ANOS

O outono achégase á súa fin e queremos compartir con vós unha mostra das actividades que fixemos ao longo destes meses para que os cativos e cativas coñezan mellor esta estación e as súas características. Sen dúbida, pasamos momentos moi divertidos e inesquecibles.

Distribuir contido


by Dr. Radut