Skip to Content

3 anos Ed. Infantil

AULAS DE 3 ANOS A E B - 11/02 Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Con motivo da celebración deste día no mes de febreiro publicamos este vídeo, amosando un dos experimentos que estamos desenvolvendo durante este curso para acercar ao noso alumnado á ciencia a través da exploración e a manipulación de diferentes materiais. Neste caso, mesturamos fariña de millo con auga para crear un fluído non newtoniano, cunhas propiedades que sorprenden a quen o toca. Animádevos a probar na casa!

 

RESUMO DO PRIMEIRO TRIMESTRE (3 ANOS)

Familias!

Este trimestre xa toca ao seu fin...

Neste pequeno vídeo podedes ver algunhas das cousas que fixemos durante estes meses.

BROCHETAS DE OUTONO EN TRES ANOS

Hoxe o alumnado de tres anos elaboramos brochetas de froitas de outono.

Demostraron ser grandes cociñeiras e cociñeiros e algúns atrevéronse a probar a granada.

Unha experiencia deliciosa!!

As primeiras semanas en tres anos. Curso 2023/24.

Familias,

Estamos moi contentas de como foron estas primeiras semanas?

Queremos que poidades ver a todas as nenas e nenos desfrutando na clase.

Pinchade en

Reunión para as familias do alumnado de nova incorporación (3 anos)

MOMENTOS DOCES

Agora que todas e todos tendes os traballiños dos vosos fillos e fillas na casa, gustarianos mostrarvos como levamos a cabo a elaboración desta orixinal portada. Con ela compartimos momentos inesquecibles e moi divertidos. E, como peche de trimestre, nada mellor que unha BUSCA DE OVOS DE CHOCOLATE... Onde se agocharían?

EDUCACIÓN INFANTIL - BO NADAL!

 Educación Infantil do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo deséxavos Boas Festas.

OUTONO 2022 AULAS 3 ANOS

O outono achégase á súa fin e queremos compartir con vós unha mostra das actividades que fixemos ao longo destes meses para que os cativos e cativas coñezan mellor esta estación e as súas características. Sen dúbida, pasamos momentos moi divertidos e inesquecibles.

MAGOSTO EDUCACIÓN INFANTIL 2022

Ola familias,

Queremos compartir con vós unha pequena mostra deste día tan especial. 

Sempre cun sorriso !!

Aquí remata o noso primeiro curso escolar. Para o pequeniños que somos foi un ano duro.

Distribuir contido


by Dr. Radut