Skip to Content

blogue deadmin

Entrega de axenda escolar para o curso 2020/2021

Comunicannos que  a ANPA do centro este ano vai regalar ao alumnado de primaria (de 1º a 6º) unha axenda escolar de temática sobre a Igualdade. Será distribuida nas aulas nos primeiros días de clase.
Están a traballar noutro material que se entregará a todo o alumnado de Educación Infantil. Seguiremos informando.

Comezo curso escolar 2020 - 2021

Segundo informa a Consellería de Educación, o curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado.

Listaxe libros de texto curso 2020 - 2021

Prazos publicación Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Informamos dos prazos para a publicación de listas provisonais, definitivas e recollida de vales de axuda para o vindeiro curso 2020/2021:

  • Publicación listaxes provisionais .- 3 de xullo

(As persoas interesadas poderán reclamar nos 3 días seguintes á publicación das listaxes provisionais)

Fin de ciclo para o alumnado de sexto de Ed. Infantil

Remataron a primeira e máis intensa das etapas educativas todas as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil.... Atrás queda o mandil, os choros, coñecer as letras, ... Tantas e tan intensas experiencias vividas da man das súas profes Ana e Cris, acompañadas por Rosa e Isabel e todo o profesorado do centro que se implicou tan e tan ben con estes grupos de rapazas e rapaces. Noraboa a tod@s!!

 

Sempre cun sorriso !!

Aquí remata o noso primeiro curso escolar. Para o pequeniños que somos foi un ano duro.

Publicación notas de avaliación do curso 2019/2020

Informamos que mañá, venres 19 de xuño, poderánse consultar os resultados da 3º avaliación de Educación Infantil e a avaliación ordinaria de Educación Primaria na Plataforma Abalar Móbil a partir das 09.00 da mañá. Non descartamos que se produza algún bloqueo da propia plataforma ao longo do día, totalmente allea ao centro. Pregamos que se así se produce, sexades pacientes. Moitas grazas pola vosa comprensión.

Remate envío de actividades para o curso 2019 - 2020

Informamos que na semana do 15 ao 19 non se enviarán tarefas para realizar por parte do alumnado. Recordamos que nesta semana se entregarán os libros de préstamo por parte das familias e se recollerán os materiais escolares segundo o calendario fixado no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaxinzo/?q=node/625

 

Distribuir contido


by Dr. Radut