Skip to Content

Desfile Infantil do Entroido 2023

O vindeiro venres 17 de febreiro todo o alumnado que así o desexe, participará no desfile de Entroido acompañado polo profesorado do centro.

Abriremos a porta do cole ás 10.35 para que as familias poidan facer fotos. O desfile sairá ás 11.05 co seguinte percorrido: CEIP Rosalía de Castro – Rúa Ladeira – Rúa do Toural – Rúa de  San Roque – Rúa Constitución – Rúa da Igrexa – Avda. de Ourense – Avda. de Madrid – Rúa Rosalía de Castro - CEIP Rosalía de Castro.

Ese día SI HABERÁ SERVIZO DE COMEDOR, E AS SAÍDAS DO CENTRO SERÁN COMO OUTRO DÍA CALQUERA.
No caso de que as condicións meteorolóxicas impediran o desenvolvemento do desfile polas rúas de Xinzo, os pais/nais do alumnado poderán acceder ao centro ás 11.00 para facer fotos aos grupos do desfile, que baixarán ao patio cuberto que está ao lado do ximnasio en orde ascendente de cursos, é dicir, dende o alumnado de tres anos ata sexto curso.
Recordamos que, segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, non haberá clase os vindeiros 20, 21 e 22 de FEBREIRO pola celebración do Entroido. As clases reanudaránse no seu horario habitual o XOVES, 23 de FEBREIRO.



book | by Dr. Radut