Skip to Content

Complementarias

BRIGADAS VERDES (Entrega de Premios)

Fixemos a entrega de agasallos ás gañadoras do concurso de carteis, para as BRIGADAS VERDES. Aquí, a reportaxe fotográfica do acto.

VII ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: Unha experiencia lúdica inesquecible.

O pasado sábado, 22 de xuño de 2013, un grupo de nenos e nenas do Ceip Ricardo Tobío, acompañados de varios país e nais e do profesor de Educación Física, viaxamos ata Ourense, para participar no VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais e no Festival Europeo de Xogos e Deportes Tradicionais.

Vivimos unha xornada lúdica plena. Durante a mañá, No parque do Campus Universitario,

disfrutamos practicando diversos xogos de nenos (aos adultos tamén nos deixaron xogar): cancións ebailes de roda, o pano, tiro de corda, trécolas, brilé … Tamén nos ensinaron a fabricar os nosos propios enredos (xoguetes), como barquiños de xuncos e flautas de palla.

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Mañá venres, último día de clase para os rapaces, celebraremos un pequeno festival como remate de curso. Está previsto que comece as 10 da mañá, e intentaremos ser puntuais. Estades todos os familiares invitados. O horario de saída adiantarase ás 13'25 horas, polo que rogamos que estedes pendentes na saída e nas paradas do bus, para recoller ao alumnado.

Mañá, tamén, entregaremos os boletíns de notas.

VII ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

Dende Brinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, infórmanos de que o vindeiro sábado, 22 de Xuño de 2013, celebrarase o VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. A cidade elexida esta vez será a de Ourense e o lugar onde se practicarán os xogos será o Campus Universitario. Dito evento comezará ás 11 da mañá.

Como algúns e algunhas de vós xa coñecedes (por terdes asistido a anteriores edicións), o Encontro é unha actividade que pretende divulgar, practicar e asentar os xogos de tradición cultural, pero que tamén busca o contacto entre familiares, nenas e nenos. Por tal motivo convidamos tamén ás, nais, pais, avoas e avós para que asistan ao citado acto.

Este ano contan coa particularidade de que o Encontro atópase inserido na celebración de “Ludaria 2013″, un festival europeo dos xogos e deportes tradicionais. Deste xeito, na tarde do citado día, en diferentes puntos do casco histórico de Ourense haberá demostracións e poderanse practicar xogos e deportes tradicionais galegos, españois e tamén europeos.

Así mesmo, poderedes seguir a actualidade e as novas relacionadas con Ludaria 2013 na páxina web de Brinquedia www.brinquedia.net onde en vindeiras datas irase engadindo a información precisa.

Información sobre o encontro.

TEATRO EN MUROS

Á volta do día festivo do traballador, o vindeiro xoves, 2 de maio, o alumnado do 2º ciclo de primaria asistirá a unha magnífica representación teatral, dentro da Mostra "Xosé Agrelo". Neste caso, a compañía Talía Teatro, ofrece "Pequena":

"Hai pequenas que son xigantes, como Barbadac, a ogresa, filla do ogro que gardaba o tesouro das botas de sete leguas ata a chegada de Polegariño. Barbadac escolleu non gardar tesouros, senón compartilos, como Petipuá, a pulga artista, que quixo levar o seu espectáculo a todas as partes do mundo, incluída a Illa dos Salvaxes, e demostrou que non hai límites nin fronteiras para conseguir o que desexas, nin aínda sendo pequena coma unha pulga. E hai pequenas cunha imaxinación grande, como Nadiña, que é quen nos conta as historias de Barbadac e de Petipuá, quen nolas representa con bailes, con cancións, con alegría e cunha forza enorme. Hai grandes pequenas e grandes pequenos, tan grandes que poden cambiar o mundo ao seu xeito." (texto recollido na súa páxina web)

CONCERTO DIDÁCTICO

     O pasado venres, 15 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de primaria do noso centro, asistiu a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. Neste concerto de "Son+d2", a fusión chegou a través da música e tamén das novas tecnoloxías ou 'TICS'. Foi unha actuación interactiva no que Jara Ortiz, Xoán Curiel e Alfonso Camarero, puxeron voz e música en directo a un paseo a través da historia da música, con instrumentos reciclados, vídeos moi simpáticos, e cancións que nos fixeron saltar das cadeiras. Ademais de pasalo moi ben, aprendemos moito sobre a música doutras culturas e tamén da nosa, a tradicional galega.

ENTROIDO 2013

Despois de pasar hoxe un día "veraniego", para mañá XOVES, Miguiña tennos preparado algo moi divertido.

ENTROIDO 2013

Aínda que, de momento, o frío non nos deixa descansar, Miguiña propón que nos atrevamos co verán. O MÉRCORES será un día agradable para todos.

Distribuir contido


by Dr. Radut