Skip to Content

VII ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: Unha experiencia lúdica inesquecible.

O pasado sábado, 22 de xuño de 2013, un grupo de nenos e nenas do Ceip Ricardo Tobío, acompañados de varios país e nais e do profesor de Educación Física, viaxamos ata Ourense, para participar no VII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais e no Festival Europeo de Xogos e Deportes Tradicionais.

Vivimos unha xornada lúdica plena. Durante a mañá, No parque do Campus Universitario,

disfrutamos practicando diversos xogos de nenos (aos adultos tamén nos deixaron xogar): cancións ebailes de roda, o pano, tiro de corda, trécolas, brilé … Tamén nos ensinaron a fabricar os nosos propios enredos (xoguetes), como barquiños de xuncos e flautas de palla.


Logo de xantar plácidamente á sombra das árbores do Campus, trasladámonos dando un paseo ata o centro da cidade.

Na alameda e nas prazas da zona antiga desenvolvéronse ao longo da tarde variedade de xogos e deportes tradicionais europeos, presentados por diversas delegacións e asociacións de Galicia, de Castela-León, de Aragón, de Cataluña, de Portugal, de Francia, de Italia, Flandes… Resultou moi enriquecedor vivenciar todas ou case todas as modalidades lúdicas que alí se presentaban: a chave, a estornela, a malla, a lipa, o lanzamento de queixo, a loita… Estábase a pasalo tan ben, que resultaba unha mágoa ter que marcharse sen experimentalo todo.

Queda a esperanza de volver recuncar en próximos anos, sempre que as persoas que tanto traballaron teñan folgos para volver a organizar este evento.



page | by Dr. Radut