Skip to Content

Complementarias

ENTROIDO 2013

O martes, nin te cases nin embarques. Ou polo menos é o que decían os vellos. Sen embargo, Miguiña, para este MARTES propón o seguinte.

ENTROIDO 2013

A nosa querida Miguiña, esta vez representando ao MECO, invítanos a vir disfrazados durante a vindeira semana. Iremos informando das distintas opcións que nos vai propoñer. Aquí vos deixamos a primeira, para vir o luns.

HOMENAXEANDO A ROSALÍA

A nosa homenaxe a Rosalía, o Día da Poesía.

21 de marzo de 2012


LIPDUB - Paz e Xogos Olímpicos 2012

     Este Lipdub foi preparado e realizado íntegramente pola comunidade educativa do CEIP "Ricardo Tobío". A música e a letra son orixinais, e as voces son do noso alumnado. Todo foi organizado con moito cariño entre profesorado e alumnos.

     Recomendamos que o vexades en alta definición (1080 HD).

     Esperamos que vos guste.

    

SEGUIMOS CO MERCADIÑO

        As cousiñas que non se venderon no mercadiño de Muros, estámolas vendendo no colexio, no noso MERCADO particular. Ademáis de colaborar con obras humanitarias, o noso alumnado estará mellorando a competencia matemática ao ter que manexar cartos, levar contabilidade do vendido e facer estatísticas do recadado. Durante tres días e por turnos, todo o alumnado poderá converterse en tendeiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut