Skip to Content

SEGUIMOS CO MERCADIÑO

        As cousiñas que non se venderon no mercadiño de Muros, estámolas vendendo no colexio, no noso MERCADO particular. Ademáis de colaborar con obras humanitarias, o noso alumnado estará mellorando a competencia matemática ao ter que manexar cartos, levar contabilidade do vendido e facer estatísticas do recadado. Durante tres días e por turnos, todo o alumnado poderá converterse en tendeiro. A verdade é que disfrutan moito con esta actividade.



blog | by Dr. Radut