Skip to Content

Curso 2011/12

VIDEOCLIP SonRibeira

 

Los esfuerzos no se suman, se multiplican. Gracias a todos. 

 

Es necesario descargarlo para verlo a pantalla completa. 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

PRIMEIRA XORNADA DE CONVIVENCIA DO ALUMNADO DO PROGRAMA DE REFORZO CO CEIP ANTONIO PALACIOS

      Oxoves, día 22 de marzo, terá lugar  a primeira xornada de convivencia entre o alumnado dos programas de reforzo do noso centro e o CEIP Antonio Palacios. Ao mediodía faremos un xantar  conxunto para continuar cunha visita guiada as instalacións do noso centro e rematar cunha sesión de xogos.

      Os obxectivos que nos propomos son:

  •      Mellorar as relacións entre o alumnado do mesmo barrio que acoden a centros próximos.
  •      Favorecer as relacións sociais no entorno próximo, a participación e colaboración fronte á competitividade e o individualismo característicos da sociedade actual.
  •   Potenciar a relación intercentros.

 

CAMPAMENTOS (LANZADA, XUNTA) E ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. ANÍMATE E APÚNTATE.

No DOGA  do 5 de marzo de 2012  publicáronse as seguintes Ordes:

  • Orde do 29 de febreiro de 2012 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2012. Campamentos de verán da Xunta.A través da oferta da devandita campaña ofrécese a posibilidade de que a mocidade empregue o seu tempo libre vacacional participando en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.
    •  Acceso a toda a información en xuventude.net ou aquí.
    •  Podes elixir o teu campamento en función da túa idade
    • Destinatarios: nados entre os anos 1994 e 2003.
    • Prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo.
    • O prezo varía en función do campamento.
  • Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Pretende fomentar o coñecemento de idiomas co obxecto de que o alumnado galego adquira unha competencia plurilingüe.
    • Acceso a toda a información, orde, solicitudes...
    •  Destinatarios: alumnado de 6º de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos Superiores.
    • Prazo aberto desde o 6 de marzo ao 7 de abril.
    • O prezo varía segundo as circunstancias persoais.

 Tamén está aberto o prazo para solicitar os campamentos da Lanzada, organizados pola Deputación de Pontevedra. Podes acceder a toda a información desde aquí. Lembra que o prazo para a presentación de solicitudes remata o 30 de marzo, que poden participar os nados entre 1999 e 2004 (ambos incluídos) e que o prezo é de 68 €.

 

SOLICÍTAOS E VIVE AVENTURAS FANTÁSTICAS.

Visita ao Monte de Chenlo

Os nenos/as de 5º do noso centro participaron na plantación de 60 castaños e bidueiros para conmemorar o Día Forestal Mundial que se celebra o 21 de marzo.

Canto traballaron pero que ben o pasaron.!  Disfrutade das fotos e podedes observar que temos uns rapaces e rapazas preocupados pola conservación do noso bosque.

RIGOBERTA MENCHÚ

Rigoberta_Menchu_Andrea-6ºA

Andrea López (6ºA) achéganos a Rigoberta Menchú, lider indíxena guatemalteca e defensora dos dereitos humanos.

IMAXES PARA A PAZ DESDE OS CONTRATO-PROGRAMAS

O alumnado dos contrato-programa invitámosvos a sentir a PAZ desde estas imaxes.

Lembrando a Gandhi: Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño.

 

DÍA DA PAZ

Exposición de fotografías. Dis-capacidades

O CEIP da Sangriña, o IES A Sangriña e os centros de educación especial San Xerome Emiliani e Avelaíña, todos na Guarda, están a traballar nun proxecto conxunto xunto con outros tres centros educativos da zona de Dunkerke (Francia). Unha das actividades que realizan é un obradoiro de fotografía que lles permite mellorar as súas habilidades como fotógrafos para documentar o traballo que fan e para ser testemuñas do noso mundo. Neste obradoiro, con participantes tan distintos e tan diversos, aprenderon deseguida que discapacidade no significa incapacidade.
Coa exposición que acolle a planta baixa do noso centro, coordinada pola profesora Inés Montenegro, invítannos a reflexionar sobre e a discapacidade e a capacidade. Achegámosvos un vídeo que crearon a partir da exposición que se inaugurou na Guarda o pasado 3 de decembro de 2011, “Día internacional das persoas con discapacidade”. Nel quérennos amosar que todas e todas, malia as nosas limitacións, podemos ser membros válidos e valiosos da sociedade. Tan só fai falla que nos deixedes selo, deixando a un lado os vosos prexuízos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

ASÍ É O NOSO COLEXIO

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut