Skip to Content

Curso 2016/17

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 2017 PRIMARIA E SECUNDARIA

FOTOS DA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO. 

PODEDES PINCHAR NO LINK PARA VER O VIDEO.

 

https://www.youtube.com/watch?v=z_ndthLTRtk

 

 

 

BAILE FIN DE CURSO. ED.INFANTIL

Felices Vacacions de Verán

 

 

Hoxe para rematar o curso os alumnos de Infantil e Primaria disfrutaron dunha FESTA DA AUGA.

 

Un ano máis queremos darvos as grazas por confiarnos a educación dos vosos fillos e fillas. Tamén queremos

pedirvos disculpas por todos os erros que poidemos ter, deles ano ano aprendemos e melloramos.

FELICES VACACIÓNS A TODOS/AS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2017

O venres 9 de xuño o alumnado do CPI da Ribeira fixo unha representación das súas habilidades artísticas, musicais e actorais.

Queremos agradecer a todas as familias que se achegaron ao noso centro para observar e aplaudir as actuacións das súas fillas e fillos, asi como de todos os membros da comunidade educativa que fixeron posible este acto. Un festival que resume nun día un traballo de moito tempo, e que demostra que o ensino non se reduce, nin moito menos, ao que vén nos libros.

Exposición de Fotografía: "Rostros".

 
 
Todo traballo chega ao seu fin, e este en forma de exposición. Grazas a todas pola vosa colaboración, por facermos posible este traballo, e estades convidadas ao acto de inauguración.

O CPI da Ribeira

Comprácese en convidalos á inauguración da exposición ROSTROS, que terá lugar o luns 19 de xuño ás 20:00 horas na Casa de Cultura do Porriño.
ROSTROS
Fotografías do alumnado de 5º EP e 4º ESO
 
Horario:
de luns a venres de 9:00 a 21:00 h
Sábados de 10:00 a 14:00 horas
 
O alumnado de 5º de EP e 4º da ESO do CPI da Ribeira vai inaugurar este luns 19 de xuño ás 20:00 h. a exposición de fotografía “Rostros” na Casa de Cultura do Porriño, resultado do obradoiro realizado co fotógrafo Luís Díaz Díaz.
A actividade enmárcase dentro do proxecto Fotografía en Curso (Plan Proxecta da Xunta de Galicia) e conta coa colaboración do Concello do Porriño. A través do retrato fotográfico, o alumnado achégase á realidade da súa contorna, intepretándoo desde o seu ollar. 
O acto de inauguración contará coa presentación da exposición do propio alumnado, da concelleira de Educación do Concello do Porriño e un breve acto musical.
Este proxecto innovador,coordinado polas profesoras África Álvarez Outerelo (Música ESO), Mar Cuba Taboada (Francés ESO), Mar Lorenzo Núñez (titora de 5º EP) e José Antonio Martínez (Xeografía e Historia ESO) pretende introducir a fotografía nas aulas e permite ao alumnado mellorar a técnica fotográfica, estimular a súa creatividade e espertar afeccións artísticas.
A exposición, que se poderá visitar do 19 ao 30 de xuño, pon fin a meses de duro traballo no que os rapaces foron transformando a súa mirada e perfeccionando a súa técnica fotográfica. Este traballo favoreceu o desenvolvemento de distintos proxectos interdisciplinares no centro, así como obradoiros de escritura e fotografía, algúns deles impartidos polo propio alumnado.

OS NENOS DE 3º E 4º DE EP. "OS CANS DO FUTURO"

 

 

Un ano máis o centro participou no Festival de Cans onde os nosos alumnos disfrutaron e aprenderon sobre cine.

Este ano tras facer un pequeno percorrido pola aldea, os nenos e nenas participaron nun obradoiro moi

interesante sobre cine. Eles mesmos crearon a súa propia escea de cine con guionista, son, iluminación,

cámara, director, claquetista, actores, figurantes,...

Pasámolo moi ben pero sobretodo foi moi moi interesante!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

Carlos Casares. Día das Letras Galegas 2017

O CPI da Ribeira celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Carlos Casares. Non é tanto lembrar a importancia do autor, senón reforzar o noso compromiso coa lingua,que vai máis alá dun día, que nos ocupa os 365 días do ano.

Chegou maio. Maio, maiño, ponte de pé...

Grazas á ANPA Alborada do noso centro polo maio que realizaron para expor na Praza do Arq. Palacios, diante da Casa de Concello do Porriño. Un maio inspirado no proxecto de centro 2016-17 do CPI da Ribeira: Fotografía e Turismo.

Gustou tanto, que mesmo nos "levaron" a cámara fotográfica que o decoraba.

 

 

Musiqueando 2017: O noso centro difunde a música polas rúas do Porriño

Con motivo da convocatoria estatal de Musiqueando 2017, #nosimportalamúsica, tivo lugar unha xornada de sensibilización musical nas rúas do Porriño onde participou o noso centro onda a outras da vila.

O obxectivo fundamental foi resaltar a importancia da música na vida e na educación. O CPI da Ribeira está comprometido coa importancia que ten a música para a formación do noso alumnado.

Queremos agradecer ao noso profesorado, en primeiro lugar o do Departamento de música, tanto de Educación Primaria e o de Ed. Secundaria, a súa implicación para que esta actividade tivese lugar. Tamén queremos agradecer ao resto da comunidade educativa que se implicou na actividade.

Por último, agradecemos o traballo do IES Ribeira do Louro e do IES Pino Manso, que mostran que é posible traballar conxuntamente na nosa vila.

VISITA AO MUSEO DO MAR

Os nenos de Infantil visitamos o Museo de mar de Vigo, onde aprendimos moitas cousas dalgúns animais mariños:os tiburóns balea, os cabaliños, as raias...Gustounos moito o conto do 'Tiburón desdentado', e logo de merendar na praia divertímonos no parque de Castrelos.

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut