Skip to Content

Cociña

RETO 5

 

RETO 5-COCIÑA

Botiños de oreo

Precisas:

- Dous recipientes

- Nata de montar (un cartón pequeno, os que hai sempre no súper)

- Azucre (mellor moreno)

- Oreos ou marca branca.

 

1. Bota na nata azucre (2 culleres das pequenas) e bate todo.

2. Tritura as galletas (sobre 6 unidades).

3. Bota as galletas trituradas no fondo do bote. Unhas tres culleres pequenas.

4. A poder ser con manga pasteleira a mestura da nata montada. Non toda, só “unha capa”.

5. Agora bota de novo a galleta triturada.

6. Incorpora outra capa de nata.

7. Última capa de galletas e engade unha galleta enteira a modo de decoración.

 

Sabes que podes mandar as túas producións independentemente do obradoiro que sexa a : martineznunez@edu.xunta.gal , podendo ser subidas as redes no caso que o desexes.

 

Reto 3

Traballo de Breogán de 5º E.P.  Estupendo !!!

 

Traballo de Kilian

Noraboa polo teu traballo Kilian !!!

 

Reto 4

 

RETO 4

Queres Sándwich? decide como facelo ;)

1.   A modo Xaponés

Escolle os ingredientes: dende chope, pavo, queixo, paus de marisco, olivas…Corta en tiras o pan e a facer rolliños! Usa manteiga , crema de queixo ou unha textura similar para que queden ben pegadiños.

2.   Que metan medo!

Mellor cun adulto ;)

 

-       Corta o pan cun cortador de forma ou con axuda dun coitelo ou un vaso.

-       Os ingredientes debes cortalos de forma irregular. Semellante á foto.

-       Rechea cada sándwich con xamón, maionesa, queixo...

-       Para ensartar os ollos só tes que coller palillos.

 

Sabes que podes mandar as túas producións independentemente do obradoiro que sexa a : martineznunez@edu.xunta.gal e se queres será publicado no Instagram do CEIP de forma anónima ou detallando o teu nome e curso para compartir o teu talento e creatividade.

 

 

 

Reto 3

RETO 3-COCIÑA

No reto 1 propuxemos unha receita de froita e no caso do número 2 unha moi doce. Neste reto a proposta é unha mestura entre un doce e froita, con estas cestiñas de froita.

Debe facerse con axuda dun adulto posto que a crema pasteleira que leva ten risco de cortarse(ao levar leite) se non se respectan os tempos.  

Hai dos xeitos de facer dita crema (recorda que podes usar alternativas ao leite).

A primeira forma precisa de axuda continúa dun adulto mentres que a segunda é rápida e doada, non precisa de lume só de microondas. Recomendamos esta última para os e as máis pequenos/as.

Igualmente, primeiro le ámbalas dúas formas e despois elixe. Os últimos tres ingredientes son opcionais, só en caso de querer facer unha cobertura para a froita.

 

Ingredientes:

·         Cestiñas de masa follada (de canapé)

·         3 ovos

·         500 ml de leite/ou bebida de avea

·         120 gr de azucre

·         Pel de limón

·         1 culler pequena de esencia de vainilla

·         40 gr de fariña milla

·         2 kiwis

·         2 naranjas

·         3 fresas

·         Arandos

·         Uvas

·         2 culleradas de marmelada de albaricoque(ou melocotón)

·         3 culleradas de auga

·         2 follas de xelatina

 

Forma complicada- nº1 (en todo momento con adulto)

1.      Primeiro temos que preparar a crema de recheo. Para iso botamos nun recipiente as xemas dos ovos, que se mesturarán ca fariña. Progresivamente vai engadindo mentres remexes 150 ml de leite, ollo! Non todo, por tanto.

2.      Poñemos o resto de leite nun cazo, canto sería?......1......2.....3......

iso! 350 ml J , e agora é cando empregas o azucre e a cortiza do limón. Isto todo debe ferverse un pouquiño. Recorda que se non te presta o leite podes facelo con leite sen lactosa, bebida ou leite vexetal.

3.      Cando chegue a “ebulición” o leite con todo o demais é cando engades a masa que fixemos no paso 1, sempre sen deixar de remexer ata que quede espesa.

4.      Deixa que arrefríe a crema e cando estea fría podes encher as cestiñas ca mesma. Se usas a neveira para este paso, non a metas estando quente de todo e usa un film transparente para metela no frigo, así con collerá gotiñas de auga.

5.      Finalmente. Decora cada cesta cas froitas picada. Podes votarlle almibre, para iso precisamos o resto de ingredientes:  marmelada e xelatina. Simplemente debes por a marmelada nun cazo con auga a ferver, apagar o lume e incorporar as follas de xelatina na auga. Con ese líquido e pincela toda a froita e listo!!! Ninguén se resistirá!

Forma 2, rápida e sinxela.

1.      Primeiro temos que preparar a crema de recheo. Nos o faremos todo xunto, ao contrario que do xeito nº1. Bota as xemas, o leite o azucre, a fariña e a esencia todo nun mesmo recipiente.

2.      Usa un batedor eléctrico a poder ser para remexer e que non queden grumos. Usa un recipiente adecuado para microondas e pon esta mestura a no mesmo a 800w.

3.      Remove toda a masa (mellor con culler de pao) e volve a metela no micro dous minutos máis. Volve a removela e  deixa que quede fría. Se queres metela no frigo para que arrefríe cúbrea con film transparente para que non colla auga durante o proceso.

4.      Enche as cestas ca crema, decora ca froita e listo! Es todo/a un/unha chef!

Reto 2

Por aquí vai a segunda quenda de retos dos obradoiros.

Se te animas podes enviarnos un vídeo ou foto das túas creacións, tanto as dos restos anteriores coma estas que propoñemos a continuación e serán colgadas no Instagram do centro: ceipribeira, de forma anónima ou pondo o teu nome e curso para que todos/as coñezan o/a gran artista que es.

Envíaas a: martineznunez@edu.xunta.gal

RETO 2-COCIÑA

 

Mousse de chocolate.   Para facer a espera máis amena.

Ingredientes:

·         200ml nata (mellor de montar)

·         400 gr Chocolate(do tipo que desees)

·         3 Ovos

·         100 gr azucre(a poder ser glas)

 

1.    Primeiro pícase o chocolate.

2.    Logo bótase nun cazo a fogo lento para que se derreta. Coidado non o queimes. Podes facer este paso no microondas pero require de maior coidado. Podes verter no cazo un pouco de leite se queres para que se derreta con maior facilidade.

3.    A continuación, pasa o chocolate a un recipiente frío para que se quede a temperatura ambiente. Mentres arrefría continuas co resto de ingredientes.

4.   Separa xemas de claras. Monta as claras (bate ata que queden ao “punto de neve”, coma espuma) e deixa as xemas dentro da neveira.

5.  Bate as xemas xunto co azucre ata que quede unha masa homoxénea(que xa non se diferencie o azucre das xemas). Podes botarlle unha pouca de laranxa raiada se queres.

6.  Mestura esta masa de xema e azucre co chocolate. Despois engade as claras lentamente.

7.    Agora enche a cantidade de mousse que precises en cada vaso ou recipiente. Precisa de tres horas no frigorífico polo menos para que quede ca textura desexada.

8.   Finalmente bota a nata por riba para decorar e facer aínda máis suculento este postre. Podes engadir cachiños de oreo, leite condensada, froita...É cuestión de gustos.

Reto 1

RETO 1-COCIÑA

 

Anímaste a facer esta receita? É fácil e sinxela. Podedes usar outras froitas no caso de no contar con estas. Tamén podedes empregar nata no lugar de chocolate, xarope, chocolate branco etc.

Ingredientes:

 

  • ·2 táboas de Chocolate negro
  • ·1 cullerada pequena de manteiga
  • ·1 cullerada pequena de crema de leite
  • ·Fresas
  • ·  Kiwis
  • ·  Melocotón
  • ·  Piña
  • ·  Arandos
  • · Outras froitas ao gusto
  • ·   Paos ou pinchos.

 

1.     Primeiro débese porderreter o chocolate negro nun cazo ao baño maría.

2.     Logo tes que engadir a manteiga e a crema de leite ao chocolate fundido para darlle brillo e untuosidade, sen pasarse con estas cantidades porque senón non secará ao untalo sobre as froitas.

3.     A continuación, lava ben as froitase córtaas en anacos non moi grandes. Os arandos poden quedar enteiros.

4.     Queda colocar a froita nos paos e botarlle o chocolate fundido por riba. Se esperas, o chocolate derretido secarase e listo!

Fotos

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut