Skip to Content

Servizos

SERVIZOS

O CEIP Plurilingüe da Ribeira conta cos seguintes servizos:

  • Comedor, con menús sans e saludables.
  • Transporte para as parroquias de Chenlo, Mosende e Pontellas.
  • Actividades extraescolares, impartidas fora do horario lectivo e xestionadas pola ANPA.
  • Instalacións sin barreiras arquitectónicas para que todos teñamos cabida coas mesmas oportunidades.
  • Coidadora, para atender ao alumnado que precisa axuda.

 E ademáis o alumnado poderá:

  • Acudir á Biblioteca, aberta todas as tardes de 16 a 17 h. para continuar coa súa formación ou disfrutar nos seus momentos de lecer. Á biblioteca pode acudir toda a comunidade educativa (pais/nais, profesores, alumnos/as) para ler, usar os ordenadores ou levar libros ou películas en réxime de préstamo.
  • Apuntarse ao Clube de lectura.
  • Recibir axuda nos seus estudios grazas aos seguintes programas de axuda:  Reforza-T (PROA+), Mellora das Competencia Clave (Obradoiros de Cociña, Plástica e Dramatización) e Con-Vive

Ofertamos unha educación de calidade, xa que contamos con:

  • Aulas EDIXGAL en 5º e 6º de Primaria. Nelas traballamos con:
    • Netbooks, canón e pizarra dixital.
    • Diversos programas educativos.
    • Libros dixitais.
    • Blogs do profesorado.
  • Blogs de profesorado doutros niveis, asignaturas e da biblioteca.
  • Aula de Música, aula de Tecnoloxía, aula de Plástica, aula de Informática, Bilbioteca... 
  • Especialistas en PT e AL.
  • Orientadora.

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut