Skip to Content

Curso 2017/18

Curso 2017/2018

Prazos Axudas e Fondo Libros Curso 18/19

Listados provisionais: 26 de xuño

Reclamacións: 27 e 28 de xuño

Listados definitivos: 29 de xuño

Recollida de vales: a partir do día 29 de xuño (horario: 9:30 h. a 13:30 h.)

MakingOff da Global Muiñeira

Aquí vos deixamos o vídeo de cómo se grabou a Global Muiñeira

Global Muiñeira !!!

Aquí tedes o vídeo tan esperado, feito con moito traballo, pero sobre todo con moito cariño. Noraboa a todos/as os/as que o fixestes posible , porque nel refléxase o que nos somos, a esencia do noso cole, SOMOS RIBEIRA!!!...TEIMUDOS PERDIDOS !!!...disfutadeo moito !!!

FESTIVAL E SAÍDA DE FIN DE CURSO.

O festival de fin de curso terá lugar mañá, día 20 de xuño. Comezará as 10:30 e rematará as 13 horas aproximadamente. Convidamos a toda a comunidade educativa a asistir.

A saída de fin de curso para Educación Infantil e Primaria terá lugar o xoves día 21. Sairemos en horario de mañá e voltaremos ao Centro as 18 horas. Lembramos que todas as familias deberán recoller ao alumnado no CEIP da Riberia.

CONCURSO DE DEBUXO PARA A REVISTA

Noraboa a Iria de 4º B , gañadora do concurso de debuxo que se fixo no cole para elexir a contraportada da nosa revista "Ruxe, Ruxe".

ENTREGA DE PREMIOS DE RELATOS CURTOS ORGANIZADO POLA FANPA

Hoxe, 11 de xuño, tivo lugar en Pontevedra a entrega dos premios aos finalistas dos relatos curtos presentados ao concurso. O noso centro estivo representado por Laura R. L.

Noraboa!

Desexámoste unha boa andaina como escritora.

Visita do escritor Marcos Calveiro ao noso centro

O escritor Galego Marcos Calveiro tivo unha charla cos nosos alumnos de 4º e 5º de Primaria para falar da súa obra "Unha casiña branca", logo que os rapaces leran a súa obra.
O escritor achegounos á realidade do problema dos residuos que xeramos, e como afectan ao noso planeta e as creaturas que vivimos nel.

ESTALMAT

O día 2 de xunio celebráronse en Santiago as probas de estímulo do talento matemático. Presentáronse 330 estudantes, entre eles dous alumnos do noso centro: Izan e Laura.

FESTIVAL DE CANS

O noso cole xa está engalanado para o festival de Cans. Na última foto aparecen os 4 gañadores que serán expostos no concello.

     

                                                                                                 GAÑADORES

 

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut