Skip to Content

RETO 5

 

 

RETO 5-ARTE

Decora e recicla

 

1.    Recolecta  tubos de papel do baño, algo de cartolina de cores, cola, tesoiras e algún elemento que queiras por a maiores.

2.    Dobra o cartón na parte superior cara dentro, como na imaxe, dun lado e doutro, de forma que unha solapa quede por riba, para despois pegala. Podes deixalas sen pegar por se queres gardar algo dentro da manualidade.

3.    Na parte inferior, mete un cortiño no lado dereito e outro no esquerdo e dobra cara dentro un lado e despois outro pegando con cola, de forma que quede a base recta.

4.    Pinta da cor que prefiras o teu animal. Usa pintura de dedos ou témpera.

5.    Coloca orellas, rabos, ollos...(podes facelo con outro material que non sexa cartolina, como unha lingua de goma eva, un rabo de cordel, ollos dos que se moven...

E feito!!

Podes enviar calquera creación a: martineznunez@edu.xunta.gal. e se queres será publicado no Instagram do CEIP de forma anónima ou detallando o teu nome e curso para compartir o teu talento e creatividade.

A desfrutar!

 



       

BiblioCreativa

page | by Dr. Radut