Skip to Content

Exposición de fotografías. Dis-capacidades

O CEIP da Sangriña, o IES A Sangriña e os centros de educación especial San Xerome Emiliani e Avelaíña, todos na Guarda, están a traballar nun proxecto conxunto xunto con outros tres centros educativos da zona de Dunkerke (Francia). Unha das actividades que realizan é un obradoiro de fotografía que lles permite mellorar as súas habilidades como fotógrafos para documentar o traballo que fan e para ser testemuñas do noso mundo. Neste obradoiro, con participantes tan distintos e tan diversos, aprenderon deseguida que discapacidade no significa incapacidade.
Coa exposición que acolle a planta baixa do noso centro, coordinada pola profesora Inés Montenegro, invítannos a reflexionar sobre e a discapacidade e a capacidade. Achegámosvos un vídeo que crearon a partir da exposición que se inaugurou na Guarda o pasado 3 de decembro de 2011, “Día internacional das persoas con discapacidade”. Nel quérennos amosar que todas e todas, malia as nosas limitacións, podemos ser membros válidos e valiosos da sociedade. Tan só fai falla que nos deixedes selo, deixando a un lado os vosos prexuízos.

sentímolo, flash non está dispoñible.



       

BiblioCreativa

page | by Dr. Radut