Skip to Content

Exposición de Fotografía: "Rostros".

 
 
Todo traballo chega ao seu fin, e este en forma de exposición. Grazas a todas pola vosa colaboración, por facermos posible este traballo, e estades convidadas ao acto de inauguración.

O CPI da Ribeira

Comprácese en convidalos á inauguración da exposición ROSTROS, que terá lugar o luns 19 de xuño ás 20:00 horas na Casa de Cultura do Porriño.
ROSTROS
Fotografías do alumnado de 5º EP e 4º ESO
 
Horario:
de luns a venres de 9:00 a 21:00 h
Sábados de 10:00 a 14:00 horas
 
O alumnado de 5º de EP e 4º da ESO do CPI da Ribeira vai inaugurar este luns 19 de xuño ás 20:00 h. a exposición de fotografía “Rostros” na Casa de Cultura do Porriño, resultado do obradoiro realizado co fotógrafo Luís Díaz Díaz.
A actividade enmárcase dentro do proxecto Fotografía en Curso (Plan Proxecta da Xunta de Galicia) e conta coa colaboración do Concello do Porriño. A través do retrato fotográfico, o alumnado achégase á realidade da súa contorna, intepretándoo desde o seu ollar. 
O acto de inauguración contará coa presentación da exposición do propio alumnado, da concelleira de Educación do Concello do Porriño e un breve acto musical.
Este proxecto innovador,coordinado polas profesoras África Álvarez Outerelo (Música ESO), Mar Cuba Taboada (Francés ESO), Mar Lorenzo Núñez (titora de 5º EP) e José Antonio Martínez (Xeografía e Historia ESO) pretende introducir a fotografía nas aulas e permite ao alumnado mellorar a técnica fotográfica, estimular a súa creatividade e espertar afeccións artísticas.
A exposición, que se poderá visitar do 19 ao 30 de xuño, pon fin a meses de duro traballo no que os rapaces foron transformando a súa mirada e perfeccionando a súa técnica fotográfica. Este traballo favoreceu o desenvolvemento de distintos proxectos interdisciplinares no centro, así como obradoiros de escritura e fotografía, algúns deles impartidos polo propio alumnado.


       

BiblioCreativa

pagina | by Dr. Radut