Skip to Content

Ruxe Ruxe, a revista do Ribeira

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, chega a Revista Ruxe Ruxe.

Nela, poderedes ver todo o traballado polo alumnado ao longo deste curso escolar!

Este ano por primeira vez, a nosa revista será dixital!

Esperamos que vos guste!

Copia o enlace se queres ver a revista na pantalla completa!

https://heyzine.com/flip-book/83cd85153f.html 

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

  • Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de xuño (incluido)
  • Presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación informática Fondo libros: https://www.edu.xunta.es/fondolibros ou a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/ (precisase certificado dixital ou Chave 365)ano
  • Cando sexa imposible facelo on-line, presencialmente no Centro
  • Formulario de solicitude: ED330B
  • Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas: 26 de xuño
  • Reclamacións: 2 días (27 e 28 de xuño)
  • Listaxe definitiva: 1 de xullo
  • Máis información: Orde do 7 de maio (DOG do 20/05/2024)

 

17 de Maio, Día das Letras Galegas

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega crea un Scape Room para o Día das Letras Galegas: temos que axudar a Luísa Villalta a montar a casiña duns animais fantásticos para unha das súas historias. Pero as pezas da casiña están dentro dunhas caixas pechadas con candados. O alumnado tivo que superar una serie de probas para conseguir as chaves e os códigos dos candados.

Superar as probas daba acceso a un premio: un ticket para poder acceder  a unha comilona de productos galegos!!!!!!!!

Día do Libro

Grazas a todos os papás e mamás que viñeron compartir connosco un ratiño de lectura.

Actividades que enriquecen ao noso alumnado e ao centro escolar.

 
E que mellor forma de rematar a semana, que co alumnado de 2º de primaria contando o
Monstro de Cores no Kamishibai combinado coa Luz Negra

LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2024/2025

Hoxe publicouse no taboleiro de anuncios situado no interior do centro a listaxe  de alumnado admitido para o curso 2024/25

 Pódese consultar:

 - Presencialmente no centro

 - Telemáticamente na aplicación "Admision alumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) , para o cal é preciso dispor dun certificado dixital ou Chave 365

 Tódalas solicitudes que se presentaron foron admitidas.

8 de Abril, Día Internacional do Pobo Xitano

8 de Abril, Día Internacional do Pobo Xitano. O CEIPP da Ribeira, o celebra con canto, baile e moito Arte! Se queres ver a celebración do noso alumnado, copia o enlace!

 https://www.facebook.com/100022815103356/videos/961544828891695/

 

 

2 de Abril, Día Internacional do TEA

8M Día internacional da Muller

8M Día Internacional da Muller! O alumnado do Ribeira decora caixas con mulleres galegas significativas para crear un pequeno muro que simbolice os obstáculos superados polos dereitos e a igualdade!

Celebramos o día de Rosalía de Castro co IES Ribeira do Louro

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut