Skip to Content

Curso 2017/18

Curso 2017/2018

ARTELLANDO

Preparando os obradoiros para mudar o noso Centro.

Un Centro inclusivo, aberto e dinámico.

VEN A COÑECERNOS!


MOSAICO DE OUTONO

O aula de 2º de Educación Primaria achéganos este magnífico mosaico co que celebramos o outono. Disfrutade da súa beleza!

ACTUAR ANTE UN INFARTO

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou nas xornadas de formación e concienciación sobre o infarto, con motivo do día mundial desta doenza.

Aprenderon e disfrutaron grazas á actuación do grupo "As Maimiñas" e ás explicacións e demostracións de médicos e enfermeiras do Centro de saúde que realizaron maniobras de RCP.

Grazas ao Concello do Porriño e todos/as os participantes no acto por colaborar na aprendizaxe dos nosos cativos.

Saída a Biblioteca do Porriño

PLÁNTALLE CARA AO LUME

A comunidade educativa do CEIP  da Ribeira solidarízase con todos/as os afectados polos incendios acontecidos nestes días, dá o máis sentido pésame as familias das vítimas desta traxedia e mostra o seu apoio aos centros educativos afectados polo lume.

Damos as grazas aos organismos oficiais e aos cidadáns que colaboraron na protección da xente, dos fogares e do medioambiente.

Non queremos esquecernos do sufrimento doutras comunidades e estados que están a sufrir unha traxedia similar á nosa.

                                                                                                                      Unha aperta.

O OUTONO : SOMOS ARTISTAS

PROGRAMA EDIXGAL

EVA-EDIXGAL ABALAR

 

O alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria, axiña terá a súa disposición a clave de acceso á plataforma EVA ABALAR dentro do proxecto Edixgal.

Se facedes clic na imaxe de abaixo accederedes directamente á páxina da plataforma on-line. So teredes que cumprimentar o voso usuario e contrasinal para poder visualizar os contidos educativos.

COMEZA UN NOVO CURSO

No CEIP da Ribeira comezamos este novo curso con moita ilusión e ganas de compartir saberes.  Durante o mes de setembro e xuño o horario das clases será de 8:55 a 13:50 horas. O resto do curso comezaremos á mesma hora, pero sairemos ás 13:55 horas.

ESPERÁMOSVOS!

 

Listaxe libros 2017/18

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut