Skip to Content

Curso 2016/17

Charla de exparlamentarias no CPI da Ribeira

O martes 31 de xaneiro de 2017 o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO do CPI da Ribeira acolleu a tres exparlamentarios galegos, que compartiron con eles o funcionamento do Parlamento de Galicia e algunhas das súas experiencias persoais. Houbo un animado coloquio onde Mª Xosé Porteiro, Olaia Fernández e Pablo Padín conversaron e responderon as cuestións feitas polo noso alumnado.

A nova saiu no Faro de Vigo:

http://www.farodevigo.es/comarcas/2017/02/01/exparlamentarios-ofrecieron...

Desexos de Nadal.

 

APRENDIZAXE ENTRE IGUAIS

O alumnado de 5º de Primaria queremos darlle as grazas aos compañeir@s de 3º de ESO e a súa profesora de bioloxía, polo esforzo realizado para sumerxirnos no mundo das células.

 

 A principal meta da educación é crear homes e mulleres capaces de facer cousas novas e non simplemente de repetir o que fixeron outras xeracións: homes e mulleres creadores, inventores e descubridores. A segunda meta da educación é formar mentes que poidan ser críticas, que poidan verificar e non aceptar todo o que se lles ofrece.”

                                                                              Jean Piaget                                                                                                          

                                               

COMPARTINDO COÑECEMENTOS NO PROXECTO FOTOGRAFIARTE

O CPI da Ribeira está a levar a cabo o Plan Proxecta de fotografía en 5º de Educación Primaria e 3º e 4º de ESO.

Co fin de mellorar o nivel competencial do alumnado, profesorado que non pertenece ao proxecto comparte os seus coñecementos. Inés Montenegro, xefa de estudos de Secundaria, e profesora do centro tivo a xenerosidade de agasallar ao alumnado de 5º co seu tempo, os seus coñecementos ...e soubo transmitirlles a paixón que sinte por esta arte.

 

MOITAS GRAZAS.

 

 

REUNIÓN PARA NAIS E PAIS. ALUMNADO DE ED. INFANTIL e ED. PRIMARIA

Estimadas familias:

O curso escolar xa está en marcha. Queremos darvos a benvida a esta viaxe que imos percorrer con vós e, sobre todo, coas vosas fillas e fillos.

Este martes 27 de setembro, ás 17:00 h., na biblioteca do noso centro, teremos unha xuntanza onde presentaremos as liñas xerais do curso e poderedes coñecer e falar persoalmente coas titoras das vosas fillas/os e co resto do profesorado de Infantil e Primaria.

Tamén aproveitaremos para presentar as actividades da ANPA para este curso.

Estades todas e todos convidades. Até o martes.

A dirección

Listaxe de libros curso 2016/17

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut