Skip to Content

CANVIVINDO 2018

O alumnado de 5º e 3º (alumnado TEI) participou no "2º Concurso de debuxo CANVIVINDO", incluído nun proxecto desenvolvido polo Concello de Ferrol. O concurso ten como obxecto "fomentar o coñecemento da Ordenanza Municipal de Protección dos Animais e Convivencia Responsable entre a poboación máis nova".

Ademais do concurso de debuxo, o proxecto conta cunha acción complementaria protagonizada por CASAGA (Asociación de Cans de Salvamento de Galicia), (enlace á entrada publicada nesta web).

O acto de entrega dos premios, que foron nenos/as das Mercedarias, San Xoán de Filgueira e Cruceiro de Canido (ver noticia en La Voz de Galicia), tivo lugar no Torrente Ballester o sábado 16 de xuño. Pero alí tamén estaba o alumnado finalista do noso colexio. PARABÉNS A TODOS/AS!

Premer na seguinte imaxe para ver as fotos na galería.

 

 



page | by Dr. Radut