Skip to Content

O RAP DE RECIMIL NA FIRST LEGO LEAGUE

PARABÉNS ao equipo Recibótica formado por alumnado de 6º de EP (coordinado pola profe Geno) que, con moitísima ilusión e despois de moito traballo, participou na FIRST LEGO League Galicia (Auditorio de Caranza, 17 de febreiro de 2018). Estes nenos/as presentaron un proxecto que propón a construción de alxibes comunitarios para aproveitar a auga da chuvia e fixérono mediante un rap composto por todo o equipo e que se pode ver no seguinte vídeo.

Imaxes publicadas no álbum da galería: FLL 6EP

Certo que non houbo premio, este foi para o equipo Waterbot do IES de Fene pasando así á fase estatal. PARABÉNS!

Pero tendo en conta que o noso equipo era o integrado polo alumnado máis novo e que esta era a primeira vez que o noso cole se presentaba, a 6º posición de Recibótica nun total de 16 equipos parécenos que está MOI BEN!



page | by Dr. Radut