Skip to Content

VISITA MUNCYT 3º e 4º EP

O pasado 5 de decembro o alumnado de 3º e 4º de primaria fomos ao Muncyt (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) de A Coruña.

Déronnos a benvida dous robots moi simpáticos: Pepexán  e Marilú.

Percorremos varias salas facendo xogos para ter que fixarnos e adiviñar detalles de como foron evolucionando obxectos da nosa vida cotiá: teléfonos, televisores , ordenadores. Que grande foi o primeiro ordenador!!!!!!

Observamos con sorpresa o panel de Ángela Ruíz Robles, mestra e directora do noso colexio a mediados do século pasado e á que temos dedicada unha placa na fachada principal. Foi importante porque deseñou a primeira enciclopedia mecánica, considerada a precursora do actual libro electrónico.

 Embarcamos  no Jumbo"Lope de Vega", xigante dos ceos, un avión con moita historia por ser dos máis grandes da súa época e sobre todo porque no ano 1981 trouxo dende Nova York o cadro "Guernica" de Picasso. Vimos unha turbina, un corte dunha á, as caixas negras e sentámonos nas butacas de primeira clase.

Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas.

 Antes de regresar paseamos por Riazor e fotografámonos diante do estadio do Dépor



page | by Dr. Radut