Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Normalización

Radio Escolar: Quen me quere adoptar?

Escoitachedes a recomendación lectora de 3º A e 3ºB sobre o libro quen me quere adoptar?

                  Estes rapaces son o futuro das ondas radiofónicas!

Pois poñédelle atención as súas palabras sobre o libro de Fina Casalderrey e María Fe Quesada!

 

 

 

A nosa presentación na Radio Escolar

Xa voltou, un ano máis, a Radio Escolar e os rapaces de Terceiro B presentaron a nosa escola a través das ondas radiofónicas.

          Non podemos esperar para escoitar todas as recomendacións lectoras que a                         nosa fará ao longo do ano.

 

SINTONIZADE A 107.4 FM DA RADIO TUI OS XOVES 11:30 PARA ESCOITARNOS E, TAMÉN, AS OUTRAS ESCOLAS PARTICPANTES.

 

Concerto do Correlingua

No noso cole temos moita marcha. Por iso, participamos nos concertos virtuais do Correlingua e celebrar a nosa lingua con moita enerxía. Se non tivéchedes oportunidade, sempre podedes ver a grabación na súa canle.

 

 

Tesouros da arquitectura

Xa case rematamos o cole mais os estudantes do CEIP Randufe non deixan de aprender. Toda a escola estivo investigando sobre diferentes formas da arquitectura galega. Mesmo construíron maquetas!

Bo traballo rapaces!!!

 

Día da poesía - Deconstruíndo a Rosalía

Recordades cando celebramos o mes da poesía e aprendemos sobre a casiña de Rosalía e construímos a nosa poesía visual na súa honra. 

Quedaron espectaculares! Mirade!

 

Días das Letras Galegas 2021: Xela Arias

Meus queridos estudantes:

Velaquí está o vídeo onde se recolle un pequeno resumo da exposición sobre a escritora homenaxeada nas Letras Galegas: Xela Arias. Mestra, escritora, tradutora e defensora da nosa Lingua.

Cada clase fixo un espectacular traballo CONSTRUÍNDO unha portada dalgunha das súas obras, tanto orixinais como traducións ao galego. Además, os rapaces de cuarto prepararon uns poemas da súa obra Darío a Diario que tanto nos gustou na clase. E os rapaces de sexto investigaron sobre todas as figuras xeométricas que podemos CONSTRUÍR coa portada de Drácula, traducido por Xela Arias.

QUE PASADA! Mirade, mirade...

 

Radio Escolar

Último programa da Radio Escolar. Que mágoa!

Que divertido foi participar neste proxecto con Radio Tui. Nesta ocasión os rapaces de cuarto de Primaria colaboraron cos rapaces de Infantil de 4 anos na recomendación lectora do libro Orellas de Bolboreta da Editorial Kalandraka. 

Escoitade, escoitade...

 

Recomendación Lectora para Radio Tui

Unha nova recomendación lectora no aire para todo o Baixo Miño na que traballaron conxuntamente 6º de Infantil e 4º de Primaria. Escoitade e veredes que divertida está a canción que os pequechos aprenderon! 

A mellor sopa do mundo (colección O): Amazon.es: Isern Iñigo, Susanna,  Ferrero Barrio, María del Mar, Liván García, Paco: LibrosLa niña que nunca cometía errores (Picarona Infantil): Amazon.es: PETT,  MARK, RUBINSTEIN, GARY, Pett, Mark, de las Heras Rodriguez, Miriam: Libros

 

Recursos para o Día de Rosalía

 

Por aquí vos deixamos uns recursos para traballar a figura de Rosalía de Castro. O día da súa conmemoración será o vindeiro 24 de febreiro. 

Radio Escolar

Radio Municipal de Tui en Directo | Escuchar Online - myTuner Radio

Os alumnos e alumnas de cuarto de Primaria participaron no programa de Radio de Tui compartindo os nosos proxectos escolares e a súa recomendación lectora para todos os oíntes. Queredes escoitalos? Premede nos arquivos e veredes o talento dos estudantes de Randufe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut