Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Normalización

Radio Escolar na Radio Municipal de Tui

Ola radio oíntes e Comunidade do CEIP Randufe!

Aquí tedes a nova participación das alumnas e alumnos de 5º A e 5ºB no programa de Radio Escolar na RMT. 

Estes rapaces xa son expertos e... nótase! Non sí?

Podedes escoitar o programa o xoves, 1 de febreiro, ás 11:30 aproximadamente e unha redifusión ás 14:45. 

Pero aquí na nosa páxina poderes escoitalo tantas veces como queirades. 

                                           Fantásticas recomendacións lectoras!

Canción do mes de xaneiro: Tataravoa das Fillas de Cassandra

Comezamos o 2024 cun pouquiño de música para animar a volta ao cole. 

Neste mes de xaneiro, poderemos das gozar da música das incribles Fillas de Cassandra, unhas rapazas de Vigo, Sara e María que tocan, cantan e nos fan vibrar coa súa arte.

Como? Que non as coñeces? Pois escoita esta canción que fará que a túa tataravoa estea ben contenta! Guiño

 

Chegou o Nadal!

Xa chegou o Nadal a Randufe!

O alumnado de terceiro e cuarto compartiron  a súa alegría coa parroquia de Randufe facendo un percorrido para cantar os Reis. Queremos agradecer a colaboración do Chagüen, Cruceiro do Monte, Bar Sampaio e Bar Pancho polo agarimo cos rapaces. Foi un día xenial!

Para mostra, un botón! Escoitade, escoitade... 

A biografía de Alexander

No mes de novembro, toda a escola de Randufe estivo investigando, aprendendo e experimentando sobre Alexander Fleming e o seu gran descubrimento, a penicilina.

Tamén, todo o alumnado da nosa escola participou na creación dunha liña do tempo que recolle os eventos máis senlleiros da súa vida. 

Mirade, mirade que fantástico traballo!

 

 

 

Radio Escolar na Radio Municipal de Tui

Como? Que non puideches escoitar o programa de radio que fixeron o alumnado de 3º e 4º? 

Non vos preocupedes? Aquí poderedes escoitalo tantas veces como queirades?

Que ben o pasamos!

 

Mes da Ciencia en Galego

Xa chega novembro, o mes da Ciencia en Galego e este ano queremos homenaxear a Alexander Fleming!

Como? Que non sabes quen é?

Non te preocupes! Aquí tes unha chea de información que, entre tod@s no cole, traballaremos para sabermos un pouquiño máis.

 

 

Hecho con Padlet

Radio Escolar na Radio Municipal de Tui

Xa estamos de volta!

Unha vez máis, o alumnado de Randufe participa na proxecto colaborativo na Radio Municipal de Tui! 

Isto é nada máis unha pinga do que virá nos futuros programas pero... que ganiñas temos de saír as ondas radiofónicas!

 

Escoitade, escoitade!

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

Que gran día gozamos no cole!

Francisco Fernández del Riego relatou nos seus textos a beleza das nosas tradicións. Por iso, este ano quixemos probalo nos mesmos coa axuda duns invitados moi especiais. 

Moitas grazas a Rai, Ester, Sara, Lara, Alberto, Dori e Ramón por mostrarnos o talento e o esforzo que leva o traballo artesanal.

Mirade!

 

 

Programa de despedida en Radio Tui

Que mágoa que xa remata a tempada radiofónica!

Só queda despedirnos ata o ano que ven! Grazas a tod@s os que participáchedes! Escoitade con atención!

CORRELINGUA 2023

Un ano máis, o CEIP Randufe participou no Correlingua. Esta camiñada representa unha defensa do uso do galego, especialmente, en idades temperás. 

@s estudantes de 4º e 6º de Primaria pasearon pola vila de Ponteareas e asistiron un concerto musical da banda Mekánika Rolling Band que nos fixo bailar a tod@s.

Pasámolo pipa!

                     NA CASA OU NA ESCOLA, SACA A LINGUA FÓRA.

 

 

BOTA A LINGUA FÓRA de Laura Aldea

Distribuir contido


by Dr. Radut