Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Ola chic@s!

Aquí vos deixamos as últimas NOVIDADES chegadas á nosa BIBLIOTECA.

Hai alguén interesado en coñecer os "Guinness dos récords 2021"?

Tamén continuamos coa colección do "Diario de Greg" Nos vos perdades os últimos capítulos!

E non podían faltar libros de poemas, de misterio... en lingua  galega, castelá e tamén en inglés.

Anímadevos a pasar polo noso andel de Novidades!!


 

Un conto compartido: "La niña que nunca cometía errores"

Aínda que non podemos facelo en persoa, os rapaces de Valores de cuarto de Primaria, queríamos compartir un conto cos nosos compañeiros de Sexto de Infantil. Somos compañeiros radiofónicos! 

Aquí vos deixamos un libro que nos ensinou a que errar ensinanos moito e ... ademais é divertido!

 

 

VÍDEO ENTROIDO

18/02/2021 19:28
Europe/Madrid

ENTROIDO 2021 

Preme no adxunto 

Recursos para o Día de Rosalía

 

Por aquí vos deixamos uns recursos para traballar a figura de Rosalía de Castro. O día da súa conmemoración será o vindeiro 24 de febreiro. 

A NOSA CONSTRUCIÓN POLA PAZ

E...despois de disfrutar e aprender a través dos contos, fixemos unha  creativa "Construción pola Paz" que aquí vos presentamos. Cada ladrillo representa un valor importante para a convivencia.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!

Esperamos que vos guste. 

 

 

 

 

Igualdade

O día 8 de marzo celébrase o día da Igualdade mais, este valor débese poñer en alza cada día e a cada momento. Os rapaces que cursan Valores Cívicos na aula de cuarto queren mostrarvos a súa visión cuns carteis moi creativos para a nosa escola.

 

ORDES DO MECO

03/02/2021 19:22
Europe/Madrid

CONSTRUÍNDO A PAZ A TRAVÉS DOS CONTOS: VÍDEOS DO ALUMNADO

Finalmente a través do proxecto do cole “Construímos?” convertemos os valores aprendidos en ladrillos brancos cos que construímos unha casa.  Este espazo representa o noso fogar, o noso centro, a nosa vila, a nosa comunidade... E todo grazas aos  alumnos  e  alumnas do cole que son e serán os verdadeiros construtores dun MUNDO EN PAZ!!!!

NOVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

Ola!

Ao comezo do novo ano aquí seguimos con todos vós!

Esta vez para presentarvos libros e contos relacionados co DÍA DA PAZ.

Ademais... NOVOS LIBROS DE ARQUITECTURA! Non deixedes de pasar polo andel de Novidades. Vos esperan libros moooi interesantes sobre todo tipo de construcións!

Esperámosvos!!

 

PREPARANDO O DÍA DA PAZ

VIDEO TITORIAL: "COMO FORRAR UN  ENVASE BRICK"
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut