CEIP Ramón de Valenzuela

LETRAS GALEGAS 2024

Deixámosvos un pequeno resumo do homenaxe que fixeron o alumnado do noso Centro para conmemorar o día das letras galegas 2024.

LUISA VILLALTA , LETRAS GALEGAS 2024

Achégase o día grande das Letras Galegas e o CEIP Ramón de Valenzuela, neste ano 2024, incorporá a LUISA VILLALTA aos seus recursos co traballo en prol da nosa lingua. Figura da intelectual, escritora, activista política, cultural e medioambiental, articulista, tradutora, profesora, filóloga e violinista 

O noso Centro está a traballar un sin fín de actividades así que estade atentos a nosa Web! 

Amosámosvos o nova pintada na parede do Centro na honra de Luisa Villalta.

Nova pintada

 

DEPORTE ESCOLAR

Este pasado luns celebrouse, no Polideportivo de Silleda, unha nova xornada de deporte escolar onde os protagonistas desta nova convivencia foron os nenos e nenas de 5º e 6º. Ao longo de toda mañá disputáronse varias probas de atletismo (Carreiras de relevos, velocidade, salto...), reinando a deportividade e o bo ambiente nas gradas.

UNHA ÁRBORE POR EUROPA

O alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela e o Concello de Silleda sumáronse onte á campaña “Unha árbore por Europa”, promovida pola asociación xuvenil Equipo Europa. As instalacións do noso Centro acolleron plantacións de dúas árbores, da man dun programa que busca concienciar ás nova xeracións sobre a importancia de asumir un compromiso de coidado e preservación do medio ambiente.

O ALUMNADO DO CENTRO VISITA AO CONCELLO

O alumnado de quinto e sexto do colexio visitou as instalacións do Concello, onde en cada un dos departamentos lle deron unha pequena explicación da función que realizaba cada un deles. 

 

A guinda do pastel foi o pleno infantil onde os nosos nenos e nenas tiveron a oportunidade de ser concelleiros e concelleiras por un día e poder realizar diferentes propostas as temáticas establecidas na orde do día.

 

FORMACIÓN FAMILIAS

Estimadas familas: O vindeiro venres 10 de maio ás 20:00 horas terá lugar no Salón de actos da Biblioteca Municipal de Lalín unha actividade formativa para as familias a cargo da prestixiosa divulgadora Eva Millet, co título "Sobrepotexer é desprotexer". E o luns 13 de maio ás 20:00 contaremos con José Luís Abajo (Pirri), medallista olímpico de esgrima que nos falará como hai que perseverar para acadar os obxectivos que nos propoñamos como familia. Estas actividades  son totalmente gratuitas.

BECAS NEAE 2024-2025

PREZADAS FAMILIAS, ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DAS BECAS NEAE PARA O CURSO 2024-2025, DENDE O 30 DE ABRIL ATA O 13 DE SETEMBRO.


Preme para máis información

COREOGRAFÍA CRUEL FILOSOFÍA

A vindeira semana celebraremos o "Día das Letras Galegas". Homenaxearemos a nosa artista Luísa Villalta cun baile creado polo alumnado de 3º. Aquí deixamos o vídeo para que todos e todas os que queirades o vaiades aprendendo.

 

CONVIVIMOS 2 de maio de 2024

O 2 de maio conmemoramos o "Día Mundial contra o Acoso Escolar".

Neste  curso escolar, o alumnado de 2º de primaria fai fincapé nesta data promovendo pautas para unha boa convivencia e para evitar situacións non favorecedoras. Amósanlle a todo o colexio un decálogo a ter en conta e tamén unha pequena historia coa que reflexionar: "A historia de punto"
Botádelle un ollo!!
 

LIBROS QUE ALIMENTAN

Durante a Semana do Libro o alumnado do cole participou nun intercambio simbólico de alimentos non perecedeiros por contos (libros froito do expurgo da Biblioteca). Os alimentos recollidos foron entregados á concelleira de Benestar Ánxela Troitiño. Picade na imaxe e podedes acceder á información ampliada no Blog da Biblioteca.

Powered by Drupal - Design by artinet