Skip to Content

Curso de Intelixencia Emocional

CURSO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

C.E.I.P. RABADEIRA

     Un grupo de mestres e mestras do colexio estanse a formar sobre a Intelixencia Emocional-Educación Emocional. A través deste curso o profesorado poderá formarse neste ámbito, facilitando o entendemento emocional entre todos os membros da comunidade educativa.

 

mestre/nenos

     En este grupo traballaranse aspectos sobre a intelixencia emocional na escola: autocoñecemento, autocontrol, xestión emocional, habilidades sociais e habilidades de vida e benestar.

dibujo2    A Educación Emocional é un elemento clave nas aulas, sobre todo tendo en conta a idade escolar que abrangue a etapa de primaria. Os nenos e nenas deben de ser capaces de expoñer os seus coñecementos, sentimentos e ideas de xeito autónomo e voluntario respectando as emocións alleas.

    Este curso posibilita que os docentes saiban como manexar estas expresións potenciando o enriquecemento do alumnado nunha educación en valores.

      Estamos facendo grandes avances neste campo traballando entre outras cousas as emocións. Velaquí tedes a mostra con uns murais con recortes de periódicos que reflexan as emocións: tristeza, ira, medo e alegría.

Neste primeiro Noticias e Imaxes sobre o MEDO:

MEDO

Neste outro a IRA:

Ira

Aquí recortes sobre a TRISTEZA:

tristeza

E por último a ALEGRÍA:

ALEGRÍA

Continuaremos informando das nosas aprendizaxes e avances...



book | by Dr. Radut