Skip to Content

Coñecer Oleiros

NENOS DE PRIMARIA NO PROGRAMA COÑECER OLEIROS

     Durante este curso académico no colexio non quixemos perdernos as fantásticas actividades que nos propón ano tras ano o noso Concello.  Como ben din os educadores do concello "A mellor aula de aprendizaxe, é o propio medio natural onde desenvolvemos as nosas vidas". Polo tanto con estas actividades os nenos e nenas descubrimos as características máis definidoras a nivel natural, social e cultural de cada lugar, coñecendo un pouco máis a nosa contorna.

     Nesta semana nenos e nenas de 3º curso foron a descubrir Lagoa de Mera e a súa contorna:

lagoa

     Alí viron as aves da lagoa, plantas acuáticas, árbores que hai no parque...e tamén a vida na area e nos cantís (xa que foron tamén á praia) e moitas cousas máis...

mera     Tamén descubriron que antes da lagoa alí había unha canteira e vironos vestixios que quedaban da mesma.

na praia

     Por outra banda os alumnos e alumnas de 4º curso foron a descubrir o "Monumento Natural" que non foi outro que o Aula do Mar, Canabal, o alto do Seixo Branco, Buínte e Dexo.

4º en mera



book | by Dr. Radut