Skip to Content

Fondo Libros 2024

Apertura de prazo para a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
 

 

Orde do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado  en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento  ED330B)(Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2024).

Orde fondo libros 2024_25
 


Prazo e lugar de presentación

Do 21 de maio de 2024 ata o 21 de xuño de 2024 (incluídos).

As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal .

Opcionalmente, poderánse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos  na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderánse empregar calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Beneficiarios

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
 
  1. Fondo solidario de libros texto do alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria (no caso do noso centro educativo, 5º e 6º  de primaria están pendentes da resolución relacionada con E-Dixgal)
  2. Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e en Educación Especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
  3. Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria e Educación Especial

 
 
Impresos cubertos e asinados,xunto coa documentación complementaria

  1. Anexo I e Anexo II  (ED330) 
  2. Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
  3. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán aportar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Segundo a situación particular de cada familia poderáse precisar a aportación de documentación a maiores, ver a orde.



page | by Dr. Radut