Skip to Content

Día da Paz

DÍA DA PAZ NA RABADEIRA

pomba do mundo

    O luns 30 de xaneiro celebramos o día da paz. Neste acto ademáis de saír todos xuntos en recitar o poema de Gloria Fuertes:

SÓ TRES LETRAS

Só tres letras, tres letra nada máis,
só tres letras que para sempre aprenderás.
Só tres letras para escribir PAZ.
O P, o A e o Z, só tres letras.
Só tres letras, tres letras nada máis,
para cantar PAZ, para facer PAZ.

DÍA DA PAZ

     A continuación cada curso presentou a súa pomba da paz chea de bos desexos, recitamos poemas e cantamos fermosas cancións relacionadas con esta temática.

cole paz

Algunha das cancións cantadas polos nenos deste centro foron:

CANCIÓN DO PRIMEIRO CICLO

CANCIÓN DO SEGUNDO CICLO

CANCIÓN DO TERCEIRO CICLO

 

pomba da paz

     Tamén cabe resaltar que ademáis deste acto estamos a traballar sobre Wangari Maathai, activista política e ecoloxista que recibíu o Premio Nóbel da Paz no ano 2004 e que lle da nome a nosa Charca Escolar.

árbore    

Wangari é moi recoñecida polo gran traballo que fixo na repoboación dos montes en Kenia, de feito no seu país chámana a muller árbore: Tree Woman.



book | by Dr. Radut