Skip to Content
CORREO: ceip.praza.barcelos@edu.xunta.es TELEFONO:886 15 15 67 / 71

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E DE MATERIAL ESCOLAR - 2024/25

 

O día 20 de maio de 2024 publicouse no DOGA a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25.

SORTEO EXCURSIÓN 6º DE PRIMARIA 2023/24

O número agraciado no sorteo celebrado no CEIP Pl. Praza de Barcelos, o día 15 de maio de 2024 ás 12:00h. foi :

 

                      1849

 

Para recoller o premio, poderán pasar polo centro ou chamar ao tlfo. 886 151567

O prazo para recoller dito premio son 15 días a partir do día da celebración do sorteo.

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2024/25

O día de hoxe, 15 de abril, publícanse as listaxes DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar 2024/25.

Estas listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro e tamén poderán ser consultadas na aplicación da Consellería de educación admisionalumnado .-

Impugnación das listaxes definitivas .- No caso dos centros públicos, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Educación de Pontevedra no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

PROCESO DE ADMISIÓN 2024/25

Normativa reguladora do procedemento:

Prazos .-

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CONVOCATORIA AXUDA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO - CURSO 2023/24

Infórmase a todas as familias que está publicada a listaxe provisional do fondo de libros e o cheque para o material escolar. Poderán consultar estas listas na aplicación "fondo libros" e tamén na vitrina acristalada na entrada do colexio.

O 13 de xullo publicaranse as listaxes definitivas.

Un saúdo

A dirección

VALES DE AXUDA DE MATERIAL PARA O CURSO 2023/24

Infórmase ás familias que solicitaron as axudas de material escolar para o vindeiro curso 2023/24 que se entregarán a partir do 1 de Setembro.

 

Poderán consultar se a axuda foi aprobada a través da aplicación AdmisionAlumnado .-

 

A dirección do centro .-

Excursión 6º 2023

LIBROS DE TEXTO - CURSO 2023/24


 

 

Xa temos os libros de texto para o vindeiro curso escolar 2023/24.

Se premedes no enlace de Secretaría - Libros de texto podedes descargar a listaxe de libros de texto por curso.

Bo verán a todos e todas,

Un saúdo

A dirección do CEIP Pl. Praza de Barcelos.

VíDEO LINGUA DE SIGNOS "A MI ME GUSTA LA VIDA"

Distribuir contido


by Dr. Radut