Magosto 2009

Tags:

A castaña é a protagonista destas datas e tódos estamos desexando que chegue a festa...

MAGOSTO 2009

Cando chega o outono  todos nos preparamos para unha das celebracións máis entrañables destas datas... Comézase a facer as actividades  propias desta estación "o Outono".

 

Os temas  e as unidades  das materias  teñen relación con este periodo, as follas das árbores autóctonas do noso clima oceánico comezan a caer, os froitos típicos deste tempo son recollidos e estúdanse   as súas características, recóllense e fanse actividades para ter un coñecemento máis  amplo, ....
Velaí algunhas mostras: 

Elabóranse murais, fanse debuxos, e todo tipo de traballos

 

 

.Un dos temas que se traballan   é o dos alimentos, e nesta datas aproveitase para  tratar os temas dos productos  típicos do Outono e  específicamente   do magosto e o Samaín

.O equipo de biblioteca preparou unha Unidade didáctica sobre o Magosto.  Unidade en actividade lim

Aquí temos unhas imaxes dunha exposición dos alimentos típicos desta datas :

           

Unha das nosas costumes do outono é  celebrar o SAMAÍN (Samahaim)
- Non confundir co halloween,  importado fai pouco no resto de España -

Nós temos a nosa celebración propia,  con ritos propios, festa propia e comidas e postres propios.

Para os antiguos habitantes de Galicia  O samaín era un  época de fin de colleitas, remataba o verán, comezaba o frio...  Todo isto daba motivo para rematar ése periodo cuns rituais e unha festa.

O outro mundo tiña unha significación especial nestas datas, festexábase  a colleita dos froitos para apaciguar os poderes do outro mundo e había unha grande sensibilidade  nos habitantes que favorecía unha comunicación intensa entre eles e os do outro mundo. Así se facían caveiras cos melóns de forraxe ou  cabazas facíaselles lume dentro  e poñianse nos camiños, vestianse de fantasmas...

En povos como Cedeira  a noite de defuntos  é unha verdadeira corredoría de almas en pena, cabazas lumeantes  etc... acompañados de doces de cabaza, e outros típicos.

O alumnado de 4º   fixo unha pequena exposición de cabazas conmemorando estas datas

           

   

 

Rematamos coa festa tradicional de asar as castañas e comelas con leite.

Este curso, logo de moitos anos con días expléndidos, de sol e  vento suave , caeunos un día de choiva  e non pudemos celebrar o magosto  fóra, no campeiro,  imitando aos nosos ancestros, os celtas, que facían os  rituais, as festas  ou as súas cerimonias  ao aire libre, nun claro da fraga.  Sería desexable   acudir todos  a un souto de castiñeiros, cunha roupa  algo vella, a recoller castañas facer  lume, nun lugar  recollido para non  prender lume ao monte,  e asalas, levar o leite fresquiño,   facer  unha pouca fame  dando unhas carreiras polo souto  mentres se asan e logo comelas, despois de comelas facer os típicos xogos de pintarse a cara ou ciscar aos compañeiros coa cinza  e os tizóns, xa que no magosto permítense certas cousas que un día normal se verían mal.

                

 Máis imaxes do magosto 2009

Magosto 2009