Como o día 9 é o día de Europa, encárgovos un pequeno traballo. Deberedes escoller un país de Europa (non vale España), e sobre ese país teredes que respostar a unha serie de preguntas musicais: Que instrumentos son típicos dese país? De que familia musical son? Hai algunha danza típica? Cales son os artistas musicais máis destacados? E calquera outra cuestión que che apeteza traballar, sempre sobre o país escollido.