1º Curso

Tags:

Achéganse actividades propostas pola titoría de 1º e a mestra de Audición e Linguaxe.

Tags:

 

Como o día 17 foi o día das letras galegas, mándovos un pequeno encargo. Buscade un instrumento típico da música galega, e despois de escollelo, explicade un pouco como funciona, a súa orixe, a que familia pertence… Cubride unha pequena ficha e enviádema ao correo: bouzon@edu.xunta.es. Ademais, tamén podedes buscar algún vídeo para ver como soa.

 

Tags:

Achégase enlace do vídeo das receitas do alumnado de 1º do colexio.

https://www.youtube.com/watch?v=D3dyY6AWPHY&feature=youtu.be

Tags:

Achéganse propostas de actividades de Inglés.

Tags:

Achéganse actividades de relixión

Tags:

Ola a todos e todas.

Téñovos unha nova proposta de actividades para facer esta semana.

Espero que vos guste e o pasedes ben. Podedes atopala en https://efponzos.blogspot.com/

Unha aperta.

Tags:

Ficha 3.1º. Nela, tedes que colocar as notas nos pentagramas (tendo en conta que notas son: SOL ou MI; e tendo en conta os debuxos para poñer corcheas: titi, negras: ta ou silencios: sh). Despois enviádeme a solución ao meu correo: bouzon@edu.xunta.es

 

Actividade on-line: xogo de memoria e instrumentos musicais: https://aprendomusica.com/const2/18memoryInstrumentosBasico/memoryInstrumentosBasico.html

Tags:

Achégase proposta de actividades para a semana do 11 de maio.

 

Tags:

Ola a tod@s!

Fixen un blog de Educación física para agrupar todos os retos que vos propoño.https://efponzos.blogspot.com/

Mandade un vídeo co nivel acadado a efponzos@gmail.com, que ten máis capacidade que a outra dirección de correo.

Podedes retomar os retos anteriores e enviarmos a ese correo, que hai quen non fixo ningún ...E VOS IDES OXIDAR!!!

Ánimo! Unha aperta

Tags:

MÚSICA (SEMANA 04/05):

Co conto co que ides a traballar, escollede un dos instrumentos que aparecen e traballade sobre el tentando respostar a estas preguntas: como se toca? De que materiais está feito? Hai algún instrumento similar na nosa cultura? A que familia musical pertence (vento, corda, percusión…)? E calquera outro aspecto que che pareza interesante e queiras traballar.

como sempre, enviádeme os vosos traballos ao correo bouzon@edu.xunta.es

Distribuir contido