Como final retardado do programa Voz Natura traballado no curso pasado, centrado na reciclaxe e no tratamento e redución de plásticos, os nenos e nenas de 5º e 6º de EP do Ceip Ponzos fomos á praia que dá nome ao noso centro(e á rúa na que se sitúa) para limpar, todo o que poidemos, os restos inorgánicos que trae o mar e que deixamos nas nosas visitas á praia. Logo chamáronnos de Radio Voz para facernos unha entrevista. Neste video tedes un resumo da actividade.
Este curso tan peculiar chegou ao seu fin e os nenos/as e profes queremos despedirnos con este vídeo! Vémonos en setembro coas pilas recargadas, pasade moi bo verán
O día 14 de xuño conmemórase o Día nacional das linguas de signos. Dende o cole de Ponzos, preparamos este pequeno vídeo para dar visibilidade a esta fermosa lingua. Esperamos que vos guste.
Saúdos familias Hoxe remata o tour das emocións e que mellor emoción para despedirse que a do AMOR, unha emoción agradable e moi, moi necesaria. TRas uns consellos para regalar amor na vosa familia e un listado de contos, propoñémosvos que regaledes palabras de amor: a vosoutros mesmos e ós demais. Porque non hai amor se non se demostra... Animádevos a facer este agasallo e mandar as fotos ó correo fanycedeira84@edu.xunta.gal. Moi pronto poderedes ver tódalas creacións recibidas. Boa fin de semana!
Ola familias!! Xa queda pouco para rematar o curso...e tamén para rematar coa viaxe polas emocións básicas. Hoxe falámosvos da FELICIDADE, unha emoción agradable que, como todas, debemos saber xestionar. Como sempre, adxuntamos unha explicación e consellos sobre ela, un listado de contos e unha proposta: a escaleira da felicidade. Adxuntamos tamén unha plantilla por se a queredes empregar pero tamén podedes facer a vosa propia. Animádevos e mandade as fotos ó correo: fanycedeira84@edu.xunta.gal Saúdos
Xa temos aquí o video coas vosas andanzas rodantes! Moitas grazas a todos/as os participantes. Espero que vos guste. A ver quen é capaz de recoñecer a todos e todas os rodadores...