Skip to Content

Os nosos primeiros pasiños polo cole

Boas familias, á fala María a titora do grupo de 3 aniños do cole. 

Como xa sabedes, estos primeiros meses os vosos pequeniños/as estiveron facendo a súa primeira toma de contacto co cole e cas mestras e mestres. Todo era novo para eles/as e a algúns costoulles un pouco os primeiros días ainda que pronto as risas e os xogos se apoderaron da nosa clase. 

A verdade é que en xeral, noto que son un grupiño bastante unido e axúdanse uns aos outros. Como lles digo eu.. somos a familia do cole e temos que coidarnos. 

Dende o primeiro momento, empezamos coas rutinas da asamblea (que facemos dixitalmente no panel), cos momentos dos traballiños e tamén cos recunchos. 

Para que vexades un pouco algunha das nosas aventuras, déixovos un carrusel de fotos para que vos quededes tranquilos e vexades que lles encanta vir ao cole. 

Podedes velo pinchando aqui 

Un saúdo familias!!

AdxuntoTamaño
fotos aula 3 anos.pdf7.97 MB


story | by Dr. Radut