O 24 de febreiro "ABRIMOS A FIESTRA... A ROSALÍA"

Feliz aniversario, Rosalía!!! e para celebralo fixemos unha exposición cos libros que tiñamos na biblioteca para que o alumando gozase das súas poesías no tempo de ler ou cando lle apetecera.

Tamén a mascota da biblio, Xiana, nos fixo chegar ás aulas, unha emotiva carta que podedes ver no apartado que está á vosa dereita: Biblioteca-Recuncho de Xiana para convidarnos a celebrar este día e ABRIR UNHA FIESTRA as emocións, ao respecto, á amizade...Botádelle un ollo porque esta gatiña dalle moito aos miolos e esperta "gatunoemocións".

Nós que somos moi mandadiñas/os colaboramos no que sexa preciso e así, abrimos a fiestra da entrada do colexio ás verbas, ao sentir, á lingua... 

 

 Así, tal e como se despediu Xiana, lembrade:

Miña biblioteca, meu lar...

Cantos libros entretidos

me vas dar!!!!