Skip to Content

        

Convocatoria de axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025

Comunicamos a todas as familias que xa está publicada a Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos e alumnas con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025. 

O prazo para solicitar estas axudas comeza o 30 de abril de 2024 e remata o 13 de setembro de 2024.

Se queredes consultar a resolución tedes que premer "aquí".

Servizo de madrugadores no cole!

          

   

 

Se queres ver o vídeo fai click aquí

 

 

 

8M DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

VÍDEO CON LECTURAS RECOMENDADAS PARA CONMEMORAR O 8M.

 

 

Información sobre o proceso de admisión. Curso 2024-2025

Informamos a todas as familias interesadas en matricular os seus fillos/as no CEIP Piñeiros do Concello de Narón que o proceso de admisión comeza o 1 de marzo e remata o 20 de marzo de 2024.

Toda a información así como o formulario que tedes que cubrir figuran nos seguintes enlaces:

- Para descargar o formulario de solicitude de praza, tedes que premer "aquí".

- Para descargar as instrucións, tedes que premer "aquí".

- Para coñecer datos do centro e outra información relacionada co proceso de admisión, tedes que premer "aquí".

- Para coñecer o calendario establecido no proceso de amisión e de matrícula do alumnado para o curso 2024-2025, premede "aquí".

 

Se vos interesa consultar a lexislación referida a todo o proceso de admisión, podedes realizar esa consulta dende os seguintes enlaces:

- Para consultar o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro que regula a admisión de alumnado en centros docentes, preme "aquí".

- Para consultar a Orde do 21 de outubro de 2022 que desenvolve o anterior Decreto, preme "aquí".

- Se queres consultar as Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025, podes premer "aquí".

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CEIP PIÑEIROS

Informamos a todas as familias interesadas en coñecer o CEIP Piñeiros que o martes, 20 de febreiro de 2024, ás 16:30 terá lugar a xornada de portas abertas no noso centro educativo. Estades invitados a visitalo e a coñecernos.

Para visionar o cartel das xornadas de portas abertas, premede "aquí".

Para visionar o cartel resumo dos noso proxectos, premede "aquí".

Para descargar o tríptico, prema "aquí".

Día da Paz

Hoxe 30 de xaneiro conmemoramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 

 

       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE INSECTOS

Os días 18 e 19 de xaneiro recibimos a visita de Miguel Santamaría, biólogo expecto en insectos. 

Puidemos observar, toca e coñecer diferentes especies exóticas: de África, América...Toda unha experiencia!

Nadal no Ceip Piñeiros

 

Este Nadal no cole realizamos varias actividades:

O martes 19 fomos ao cine.

O xoves 21 o alumnado de 6º preparou o "túnel do Nadal" no ximnasio. O alumnado do cole percorreu este túnel para rematar escoitando a Juan (fagote) e a Cristina (voz e pandeireta) de sexto e a Daniela e a Cloe (piano) de quinto, que ofreceron un concerto de Nadal. Para rematar tivemos a visita do Reis Magos.

Se queredes ver as fotos fai click aquí

  

PREMIO DE BOAS PRÁCTICAS INCLUSIVAS

O pasado 28 de novembro, no marco do Congreso Internacional sobre Boas Prácticas Inclusivas que tivo lugar en Santiago de Compostela, a Consellería de Educación concedeulle ao CEIP de Piñeiros a Mención de Honra polo traballo realizado a prol da inclusión nos últimos cursos.

Este premio é un pulo para todos nós que axudará a continuar traballando na mellora da nosa labor diaria e das prácticas, educativas e inclusivas.

Sen a implicación de TODA a comunidade educativa (alumnado, mestres/as, persoal non docente, familias, ANPA, asociacións sociais e organismos municipais) é probable que este premio non fose posible.

GRAZAS a tod@s e en especial a PILI, a nosa mestra de Audición e Linguaxe. Foi a coordinadora e o motor deste proxecto, contaxiando alegría con cada idea. Fixo que todo parecese máis sinxelo, animándonos a presentarnos a este recoñecemento público que estamos compartindo con vós.

                           

Distribuir contido


by Dr. Radut