Skip to Content

Educación física

Merenda con froita creativa, na casiña!

Dende a área de Educación Física, levouse a cabo unha actividade na que o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º e 6º, que quixo partipar; mandou unha foto da súa merenda con froita. Aquí o vídeo das fotos recibidas! Esta actividade ten relación co Plan Proxecta Aliméntate ben e o Proxecto deportivo de centro.

 

RAYUELA AFRICANA

       Os alumnos de cuarto de primaria  utilizaron a "Rayuela  africana" para traballar a lateralidade, equilibrio, ritmo e tempo. Así como o control da respiración e o tempo de espera.

     Fixeron variacións do xogo, comenzando de maneira sinxela e aumentando dificultade ata chegar ao nivel que se ve no vídeo.

   

XOGO DE ORIENTACIÓN

      O alumnado de 4º de primaria participou nun xogo no que levando un sobre na man tiñan que chegar á cidade que se correspondía coas indicacións de desplazamento que se lle daban. Cando chegaban a esa cidade debían dicir si se correspondia co valor ou emoción que tiñan no sobre.

 

Carreira campo a través provincial por equipos 12.02.2020!

O pasado martes participamos na carreira provincial de campo a través por equipos!!! Foi en Portas (Pontevedra). Acudimos as clases de 2ºA e 4ºA e pasámolo xenial!

Carreira campo a través provincial individual 2020!

O pasado sábado 1 de febreiro, o alumnado clasificado individualmente da carreira campo a través zonal, acudiu ao parque de Castrelos en Vigo a correr no campeonato provincial! Resultaron clasificados para este provincial un total de 28 alumnos/as!!! A proba foi dura, pero todos/as os que asistiron conseguiron completar a carreira!

Carreira campo a través zonal 2020!

O 21 de xaneiro, practicamente a totalidade do alumnado de 2º a 6º, participamos no zonal de carreira campo a través. Nel participou alumnado dos coles de Redondela, Mos e Porriño. Pasámolo xenial!!! E acadamos grandes resultados! Un total de 28 clasificados á fase zonal e 2ºA e 4ºA, clasificouse ao provincial por equipos!!! A de atletas que temos no cole!

Tanto esta carreira como outras actividades deportivas que se están levando á cabo no cole, forman parte do noso Proxecto deportivo de Centro; xa que somos un cole activo e saudable!!! Graciñas polo voso esforzo, pequenos grandes atletas!!!

 

28.05.2019 Provincial atletismo

O 28 de maio a clase de 5ºB acudiu a fase provincial de atletismo en Pontevedra. Alí pasamos unha xornada moi divertida practicando as diferentes probas: lanzamento de peso, 60 metros lisos, 500m lisos, lanzamento de vórtex, salto de lonxitude e relevos. Agasalláronnos cunha camiseta que empregamos na xornada!

 

Tenis de mesa!

A pasada semana, do 22 ao 24 de maio, visitáronnos os responsables do clube Always TM de Tenis de mesa. Grazas a eles aprendemos a xogar a este deporte, que require de moita concentración e rapidez. Graciñas pola visita!!!

 

Atletismo en pista en 5º curso!

O pasado 8 de maio un técnico de atletismo visitounos para explicarnos un pouquiño en que consiste o atletismo e as súas diferentes probas. O 18 de maio, o alumnado de 5º asistíu as instalacións de atletismo do CUVI para a realización dunhas probas de atletismo. A clase de 5ºB resultou clasificada para a fase provincial!!!

 

O prato saudable de Harvard

Dende a área de Educación Física, o alumnado de 5º e 6º levou a cabo un traballo de investigación, ace3rca do que debía levar un prato saudable. Tomamos como referente o prato de Harvard e o alumnado propuxo diferentes combinacións. Como era de esperar nas nosas comidas debemos incluír FROITA!!!