Skip to Content

Aprendizaxe Cooperativa

 

No curso 2012-2013 realizamos un Seminario sobre consolidación de Aprendizaxe, sendo este o noso terceiro en formación neste campo. Unha parte do profesorado asume o reto de intentar dar resposta a diversidade que existe nas aulas, para que cada un dos rapaces e das rapazas poida acadar o máximo nivel de desenvolvemento das súas competencias, segundo as súas capacidades. 

A metodoloxía empregada propiciou a creación de ámbitos de reflexión sobre a propia práctica docente e como afrontar a xestión da aula a través do emprego xeneralizado da Aprendizaxe Cooperativa. En relación ao traballo do profesorado nas aulas valoramos como un logro importante que, por primeira vez implementamos os tres Ámbitos da Aprendizaxe Cooperativa dun xeito interrelacionado dende o primeiro momento podendo estruturar a actividade na aula de xeito cooperativo dende o inicio do curso.

Destacamos que ó longo desta Etapa no centro  fomos profundizando na nosa formación  e poñendo en práctica dun xeito máis  xeneralizado as dinámicas e estruturas iniciando, incluso, a implementación de algunha Unidades Didáctica/Proxecto singular en inglés.

Esta metodoloxía incide directamente na práctica de aula e polo tanto no proceso de aprendizaxe do alumnado, observamos unha gran motivación na realización de aprendizaje cooperativa, sinalar a  valoración positiva das  estratexias  e instrumentos que  nos proporciona  a Aprendizaxe Cooperativa en relación coa atención á diversidade, a incidencia directa que ten na organización da actividade na aula.

Por último nesta etapa de Consolidación  incorporamos a Aprendizaxe Cooperativa aos documentos do Centro: Programación Xeral Anual  e ao Plan de Atención á Diversidade e creando unha Comisión de Coordinación da Aprendizaxe Cooperativa  para sistematizar, tanto a súa aplicación coordinada na aula como o apoio ao profesorado que se incorpora, e poder avaliar a súa aplicación  e introducir  os contidos de mellora oportunos.

 



CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

blog | by Dr. Radut